InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago cualifica de “esperpento político” o episodio da suposta...

O PSOE de Santiago cualifica de “esperpento político” o episodio da suposta moción de censura impulsada por Gonzalo Muíños

Gumersindo Guinarte critica a falta de seriedade e acusa aos non adscritos de “facerlle o xogo ao Partido Popular”

Publicado o

Xornal de Compostela

O voceiro do grupo municipal socialista de Santiago, Gumersindo Guinarte, censurou este venres o “esperpento político” vivido nas últimas horas en Compostela tras o anuncio dunha suposta moción de censura promovida polo concelleiro non adscrito Gonzalo Muíños.

Segundo explicou Guinarte, “a política municipal transitou nas últimas horas en Compostela dende o enredo ao esperpento”. O edil referiuse así á proposta feita por Muíños, quen “se autoproclamou voceiro dos non adscritos e anunciou o seu apoio a unha moción de censura encabezada por Mercedes Rosón”. Engadiu que, pouco despois, “o Partido Popular, que por suposto se apunta a un bombardeo, dixo que si, que a apoiaba”.

Porén, o voceiro socialista lembrou que “tanto o mentor da moción como a suposta candidata acabaron desmentindo a proposta”, polo que, ao seu xuízo, “só hai dúas posibilidades: ou cando o señor Muíños fixo esa proposta non contou coa anuencia da señora Rosón, ou simplemente buscaba un titular durante unhas horas cunha proposta disparatada”.

Guinarte advertiu que “iso non é facer política seria, iso é facer o ridículo e facerlle o xogo ao Partido Popular”, e apelou a recuperar o sentido institucional.

Desde o grupo municipal socialista sinalaron que “a cidade non merece representantes que antepoñan intereses persoais ou desexos de axuste de contas aos intereses da cidadanía”. Ademais, cualificaron de “insulto á intelixencia” o comportamento dos últimos días, por ser “incoherente dicir que non se entra no debate dunha moción de censura e, ao mesmo tempo, propoñer un nome que só podería prosperar co apoio do PP”.

O PSOE compostelán conclúe que este episodio evidencia unha “preocupante falta de seriedade, de respecto e de sentido común” por parte dalgúns representantes municipais e chama a “recuperar o rigor e a responsabilidade que merece Santiago de Compostela”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here