InicioPOLÍTICAO PP ofrece aos edís non adscritos un acordo para promover unha...

O PP ofrece aos edís non adscritos un acordo para promover unha moción de censura e facer alcaldesa a Mercedes Rosón

Os populares propoñen un “goberno de emerxencia” con 15 concelleiros e un decálogo de medidas que inclúe derrubar a Casa da Xuventude, suprimir cargos de confianza e reforzar a limpeza e a seguridade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago abriu a porta a negociar unha moción de censura co grupo dos catro concelleiros non adscritos —expulsados do PSOE o pasado verán— co obxectivo de conformar o que denominan un “goberno de emerxencia” na capital galega. A operación permitiría desaloxar do poder á alcaldesa nacionalista Goretti Sanmartín e abriría a posibilidade de que a nova rexedora fose Mercedes Rosón, unha das antigas edís socialistas.

O presidente provincial do PP e conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, confirmou este xoves a disposición do seu partido a iniciar conversas, mentres que o portavoz municipal popular, Borja Verea, insistiu en que a súa “única preocupación é Santiago” e non “a cadeira de brazos” da Alcaldía.

Segundo explicou o PP, o plan pasaría por un executivo composto por 15 concelleiros, sustentado sobre un decálogo de medidas urxentes. Entre elas, destacan a derriba da Casa da Xuventude, a eliminación dos cargos de confianza creados polo BNG e Compostela Aberta, e a reorientación deses fondos á programación cultural da cidade.

Outros puntos do documento inclúen o reforzo inmediato do servizo de limpeza, a posta en marcha do novo contrato da auga, que segundo os populares “xeraría 100 millóns de euros para Santiago”, e a auditoría do servizo de transporte urbano.

Tamén propoñen axilizar os trámites urbanísticos e administrativos, crear unha rede pública de cociñas escolares, promover vivenda cem por cento pública e paralizar a venda de solo municipal. Completan o paquete de medidas a construción de parques infantís cubertos e o incremento do persoal da Policía Local, xunto con novas actuacións en materia de seguridade cidadá.

Coa suma dos catro edís non adscritos e os once do PP, a oposición podería acadar a maioría absoluta necesaria para forzar a moción e alterar o mapa político compostelán, actualmente gobernado por BNG e CA en minoría.

ÚLTIMAS

A USC abre unha investigación interna pola perda das bolsas Ramón y Cajal tras un erro administrativo

A reitora da Universidade de Santiago de Compostela, Rosa Crujeiras, informou este luns de...

Santiago aproba a restauración do Arco de Mazarelos e da segunda fase das cubertas da Catedral

A portavoz do Goberno local e concelleira de Turismo, Míriam Louzao, informou este luns...

O Concello aproba o pago de case 42.000 euros pola defensa xurídica de Ángel Currás na peza da Operación ‘Pokémon’ arquivada

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns por vía...

O mercado inmobiliario compostelán visou só 18 vivendas novas nos tres primeiros meses de 2026, un 33% menos que o ano anterior

O sector da construción en Santiago de Compostela atravesa un dos períodos de menor...

Santiago aproba a restauración do Arco de Mazarelos e da segunda fase das cubertas da Catedral

A portavoz do Goberno local e concelleira de Turismo, Míriam Louzao, informou este luns...

O Concello aproba o pago de case 42.000 euros pola defensa xurídica de Ángel Currás na peza da Operación ‘Pokémon’ arquivada

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns por vía...

O PP reclama un plan integral para recuperar a Igrexa de Santa Susana ante o seu deterioro

O concelleiro do Partido Popular José Antonio Constenla, esixiu ao goberno municipal de BNG...