InicioPOLÍTICAUCIN Galicia reclama unha ampliación inmediata da intermodal de Santiago ante os...

UCIN Galicia reclama unha ampliación inmediata da intermodal de Santiago ante os primeiros sinais de saturación

A formación alerta de que a nova estación “xa nace pequena” e pide ás administracións coordinación e planificación a longo prazo

Publicado o

Xornal de Compostela

A recentemente inaugurada estación intermodal de Santiago de Compostela comeza a mostrar síntomas de saturación apenas uns meses despois da súa apertura. Así o denuncia UCIN Galicia, que considera que a infraestrutura “nace xa con limitacións” e que non está dimensionada para a demanda actual nin para o crecemento previsto nos próximos anos.

“O problema é evidente cando chegan as flotas procedentes de Madrid ou doutros puntos afastados: a estación de autobuses vese desbordada e non hai espazo suficiente”, advertiu José Luis Calo, coordinador de UCIN Galicia. O partido reclama que as administracións competentes —Xunta de Galicia, Estado, Adif e Concello de Santiago— actúen de maneira coordinada para evitar solucións parciais e apostar por unha infraestrutura “pensada para os próximos 10 ou 15 anos”.

UCIN propón aproveitar as obras do novo aparcadoiro en execución para acometer unha ampliación integral da intermodal, con máis dársenas, mellores accesos e unha reorganización do tráfico adaptada á realidade do transporte público compostelán. “Non podemos seguir inaugurando obras sen pensar no futuro inmediato”, incidiu Calo.

Entre as medidas que demanda a formación inclúense tamén melloras na estación de autobuses, con servizos axeitados para as persoas usuarias: espazos de espera amplos, billeteiras, seguridade, limpeza e atención específica para persoas con mobilidade reducida. Ademais, UCIN solicita a realización de estudos de demanda real e de proxección do tráfico interurbano, co obxectivo de dimensionar adecuadamente as instalacións.

“Desde UCIN Galicia esiximos ás administracións que dean un paso adiante. Non abonda con cortar cintas: cómpre planificar a longo prazo cunha visión clara das necesidades da cidadanía”, concluíu Calo, quen insistiu en que a mobilidade é un dereito e que as infraestruturas públicas “teñen que estar á altura dun servizo esencial para Compostela e a súa comarca”.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here