InicioPOLÍTICAO PP denuncia a suspensión de actividades nos Centros Socioculturais de Santiago...

O PP denuncia a suspensión de actividades nos Centros Socioculturais de Santiago por falta de monitores

O concelleiro popular José Ramón de la Fuente acusa ao goberno de BNG e CA de “mala xestión” e reclama á alcaldesa que asuma persoalmente o departamento

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago denunciou que numerosas actividades da rede de Centros Socioculturais non se están realizando esta semana debido á ausencia de monitores. O concelleiro José Ramón de la Fuente sinalou que “moitas das programacións habituais non deron comezo porque os profesionais non se presentaron a dirixilas”, e cualificou a situación de “novo episodio de despropósitos na xestión do BNG e Compostela Aberta”.

Segundo explicou o edil, esta situación afecta “a gran parte dos locais e das actividades ofrecidas, programadas e mesmo pagadas polos usuarios”, e atribúea á “falta de monitores dispostos a prestar os servizos polas condicións actuais dos contratos”. De la Fuente lembrou que o PP leva “desde 2023 advertindo que os contratos non están dimensionados ás necesidades reais, nin técnica nin economicamente”, o que estaría a provocar “un progresivo deterioro da calidade do servizo e, agora, a súa suspensión”.

O representante popular afirmou que xa daquela o seu grupo solicitara “a licitación dun novo contrato” que atendese tanto ás necesidades dos usuarios como ás reivindicacións dos traballadores, pero que “o goberno nacionalista optou por prorrogar varias veces os contratos, agravando a situación”.

De acordo co seu relato, a suspensión das actividades xerou malestar entre os usuarios, que “non foron avisados” e se atoparon cos centros pechados ou sen monitor. “Moitos fixeron inscricións para este trimestre sen recibir ningunha notificación, nin confirmación de matrícula, e tampouco obtiveron resposta nas instalacións”, engadiu.

De la Fuente indicou que “empresas e traballadores advertiron da imposibilidade de continuar o servizo”, e que “a falta de resposta do Concello” derivou nun problema que afecta tamén ás condicións laborais do persoal. O edil lembrou que, “no último Pleno, xa advertimos do que ía pasar e pedimos á alcaldesa que se implicase persoalmente, pero non quixo facelo e mantivo o apoio ao concelleiro responsable”.

Finalmente, o PP compostelán esixe á alcaldesa Goretti Sanmartín o cesamento do concelleiro de Centros Socioculturais e que “asuma directamente a xestión do departamento” para garantir o funcionamento das actividades e devolver as cantidades cobradas aos usuarios que non puideron participar, ademais de proceder á licitación inmediata dos contratos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here