InicioPOLÍTICAVerea pide frear a venda de solo público e aposta por construír...

Verea pide frear a venda de solo público e aposta por construír vivenda 100% pública en Santiago

O líder popular critica o “negocio obsceno” do BNG e Compostela Aberta e propón unha empresa pública de vivenda e un banco municipal de alugueiro

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reclamou este sábado a paralización inmediata da venda de solo público promovida polo goberno local de BNG e Compostela Aberta, e instou a destinar esas parcelas á construción directa de vivenda 100% pública. O popular fixo este chamamento tras coñecer que, segundo os datos publicados esta semana, o proceso de venda municipal só conseguiu adxudicar dúas parcelas.

Segundo Verea, este resultado “evidencia a falta de xestión e de iniciativa do executivo nacionalista”, ao que acusou de “pretender facer un negocio obsceno desfacéndose do solo público de todos os santiagueses”. O tamén deputado autonómico insistiu en que “é unha mágoa que se venda solo público cando se podería construír vivenda pública e accesible”.

O líder popular puxo cifras ás súas críticas: os pisos resultantes das promocións privadas, dixo, “terán como mínimo un prezo de 180.000 euros por 80 metros cadrados”, mentres que as vivendas públicas que propón o PP serían “subvencionadas e poderían custar arredor de 100.000 euros, ao non incluír beneficio industrial nin prezo do solo”.

Verea acusou o goberno de BNG e Compostela Aberta de “despatrimonializar a riqueza común” e de actuar “contra o interese público para favorecer ás construtoras privadas”. “Todas as cidades están a ceder solo para levantar vivenda pública, menos Santiago”, afirmou.

O popular lembrou que nos últimos dez anos, coincidindo cos mandatos de Compostela Aberta, BNG e PSOE, “o alugueiro medio na cidade pasou de 390 a 623 euros, un incremento do 60%”, e engadiu que “2024 foi o ano co maior aumento interanual da historia nos prezos do alugueiro”.

Entre as medidas que o PP pretende impulsar cando goberne, Verea destacou a creación dunha Empresa Pública de Vivenda, dun Banco Público de Vivendas en alugueiro e dun Estatuto do Propietario en Aluguer para ofrecer garantías aos donos que decidan poñer os seus pisos no mercado. Tamén propón bonificacións no IBI, actualización das normas do casco histórico para facilitar a rehabilitación e modificacións do Plan Xeral de Ordenación Municipal que permitan novas construcións en solo dispoñible.

Outras das propostas dos populares inclúen o reforzo das Áreas de Rehabilitación Integral, a conversión de baixos comerciais en vivendas en barrios como Conxo e Santa Marta, e un paquete de medidas fiscais e administrativas dirixidas a incentivar o alugueiro e ampliar o parque público municipal.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here