InicioPOLÍTICAO PSOE de Santiago rexeita apoiar unha moción de censura e pide...

O PSOE de Santiago rexeita apoiar unha moción de censura e pide a Verea que respecte os resultados

Aitor Bouza asegura que os socialistas nunca facilitarán un goberno do PP na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O voceiro socialista no Concello de Santiago, Aitor Bouza, respondeu ás declaracións de Borja Verea sobre unha posible moción de censura, reiterando que o PSOE non apoiará ningún movemento que facilite un goberno do Partido Popular.

Bouza afirmou que “a cidadanía de Compostela falou claro e meridiano” nas eleccións municipais e que non outorgou ao PP o respaldo suficiente para gobernar. O edil subliñou que os socialistas non só manteñen esa posición por unha cuestión interna de partido, senón porque “a veciñanza que votou ao Partido Socialista non quere que o señor Verea goberne esta cidade”.

Segundo o portavoz, o líder popular “non asumiu o resultado electoral” e busca “aproveitar unha conxuntura no Concello para tentar sumar apoios inexistentes”. Bouza engadiu que nin a cidadanía nin ningunha outra forza política expresaron apoio a Verea, polo que considerou que calquera tentativa de moción sería un intento de “perverter o resultado das urnas”.

O secretario xeral dos socialistas acusou a Verea de “empregar unha bomba de fume” para distraer do seu labor parlamentario, no que, segundo dixo, “vota sistematicamente en contra dos intereses de Compostela”. Bouza anunciou que o PSOE manterá unha vixilancia activa tanto no Parlamento como no propio Concello sobre as decisións do PP, e reclamou a Verea que sexa “coherente” e defenda os intereses da cidade antes de aspirar a gobernala.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here