InicioSANTIAGOO PSOE compostelán reclamará aumentar en 7 millóns os fondos para Santiago...

O PSOE compostelán reclamará aumentar en 7 millóns os fondos para Santiago como capital galega

O secretario xeral do PSOE compostelán e deputado autonómico, Aitor Bouza, asegurou que se trata dunha "reivindicación histórica" por parte do Partido Socialista para que "Santiago reciba o que se merece"

Publicado o

Xornal de Compostela

O secretario xeral do PSOE compostelán e deputado autonómico, Aitor Bouza, avanzou que esixirá no Parlamento de Galicia que o Goberno galego incremente nos próximos orzamentos autonómicos ata os 7 millóns de euros os fondos pola capitalidade que destina ao Concello de Santiago.

Nunha rolda de prensa celebrada este xoves na sede do PSOE compostelán, Bouza asegurou que se trata dunha “reivindicación histórica” por parte do Partido Socialista para que “Santiago reciba o que se merece”.

“A contía leva conxelada anos”, dixo Aitor Bouza, que sostivo que “xa non é unha cuestión dunha reivindicación social, dunha reivindicación política e dunha reivindicación xusta, que é o que é, senón que se trata tamén dunha esixencia legal”.

Na súa intervención, lembrou que a lei galega de capitalidade establece que a cidade debe contar cun orzamento suficiente “xustamente para desenvolver as funcións que se desenvolven en Galicia, con son as da capitalidade, o incremento de persoas polas mobilizacións, polos trámites e tamén polas xestións que se poden facer en Santiago de Compostela”.

Por iso, anunciou que o Grupo Socialista presentou xa unha iniciativa parlamentaria para esixir ao presidente Roda que incremente esta achega ata os 7 millóns. “Non é esta contía porque hoxe nos levantemos pola mañá e dixésemos imos pór sete millóns. Non, é froito dos estudos que se realizaron para poder compensar o gasto que ten Santiago de Compostela debido a ser a capital galega”, explicou.

Bouza insistiu tamén na necesidade de convocar ao Consello da Capitalidade, que non se reúne desde hai anos a pesar de que a lei obriga a facelo antes da prestación do borrador dos orzamentos.

“Cantos anos leva sen reunirse?”, preguntou para engadir xa que lle gusta tanto o Partido Popular falar do cumprimento da legalidade, do cumprimento das leis, pois non instamos e esiximos a que cumpran a lei galega tamén da capitalidade.

Na súa intervención, criticou a “pasividade da alcaldesa” da cidade ante un compromiso que, segundo lembrou, foi adquirido en 2023 polo propio presidente da Xunta. “Se o presidente da Xunta non cumpre, é unha esixencia da máxima representante da cidadanía de Compostela facer todo o posible, todo o necesario para que realmente se cumpra ese compromiso, esa promesa do presidente da Xunta”, sinalou.

Bouza instou ao portavoz popular, Borja Verea, a definirse sobre este asunto. “Cada vez que presentamos a emenda de aumento de incremento da capitalidade, o señor Verea cando ten que decidir entre votar entre Compostela e apoiar ao señor Feijóo e ao señor Rueda, sabemos que sempre aposta polo señor Roda e o señor Feijóo”, apuntou.

“Vai defender o señor Verea o aumento da achega da capitalidade si ou non?”, preguntou Bouza.

SITUACIÓN DA LIMPEZA

Na rolda de prensa, ademais, o parlamentario autonómico foi especialmente crítico coa xestión municipal e coas declaracións da alcaldesa.

“É intolerable que realmente, tal e como está a cidade co lixo que hai, ao que se dedique o goberno de Sanmartín sexa a esparcir lixo entre os partidos políticos en lugar de limpar ese lixo que cada vez se amontoa máis na cidade”, denunciou.

Bouza criticou que o goberno local pretenda subir impostos cando “o primeiro que hai que facer é cumprir o servizo” e avanzou que será “moi esixente” co goberno local. “Se a señora Sanmartín saíse dos despachos podería saber que realmente é un clamor social o que ocorre nesta cidade respecto do lixo”, dixo.

COORDINACIÓN AEROPORTUARIA

Por último, preguntado respecto diso na rolda de prensa, Bouza sostivo que Galicia “non pode ter unha política aeroportuaria que estea descoordinada”, unha tarefa que lle corresponde ao Goberno.

Neste contexto, considerou que o Concello de Santiago debe esixir á Xunta que garanta que esa coordinación sexa efectiva.

Ademais, emprazou ao goberno local a falar con Ryanair para “tentar paralizar o erro absolutamente inxustificado” que ocorreu na capital galega.

ÚLTIMAS

O Concello de Santiago aproba novas licenzas de obra e reactiva a solicitude para declarar a cidade como zona de mercado residencial tensionado

A Xunta de Goberno Local de Santiago de Compostela aprobou este luns diversos acordos...

Maite Flores destaca que “hai partido” entre as dúas candidaturas ao reitorado da USC

A candidata á reitoría da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Maite Flores, reivindicou...

Un estudo do IDIS apunta que un fármaco usado contra a gota podería axudar a combater a osteoporose

A revista científica Pharmaceutics publicou un traballo do grupo de Patoloxía Musculoesquelética do IDIS,...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PSOE pregunta ao Goberno de Santiago cando licitará as cafeterías dos parques municipais tras quedar deserto o concurso o pasado verán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao pleno deste mes unha pregunta sobre...

O PP denuncia a paralización das obras da rúa García Lorca e reclama medidas urxentes para garantir a seguridade viaria

O Grupo Municipal do Partido Popular de Santiago denunciou a situación das obras de...

O PSOE alerta dunha caída do turismo en Santiago e reclama medidas para reforzar o atractivo da cidade

O Grupo Municipal Socialista de Santiago expresou a súa preocupación polos datos rexistrados no...