InicioPOLÍTICASanmartín reivindica a taxa turística e anuncia melloras na mobilidade e nos...

Sanmartín reivindica a taxa turística e anuncia melloras na mobilidade e nos servizos municipais

A alcaldesa de Santiago explicou nunha entrevista radiofónica que o imposto de estadías recadará arredor de 2,5 millóns de euros anuais

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, defendeu esta mañá a entrada en vigor da taxa turística durante unha entrevista no programa Más de uno Compostela, en Onda Cero. Sanmartín destacou que se trata dun “instrumento útil e necesario” para facer fronte ao sobreesforzo que supón para a cidade recibir un volume tan elevado de visitantes.

A rexedora salientou que o imposto —cun custo de entre 1 e 2,5 euros por persoa e noite— permitirá recadar uns 2,5 millóns de euros anuais, que se destinarán a un modelo turístico máis sustentable, á limpeza e ao coidado do patrimonio. “Son cantidades modestas, pero que teñen un impacto importante nas arcas municipais”, explicou. Ademais, lembrou que a xestión dos fondos será decidida nun foro de cogobernanza no que estarán representados o sector turístico, asociacións veciñais e grupos políticos.

NOVAS LICENZAS DE TAXI E TRANSPORTE PÚBLICO

A alcaldesa tamén se referiu aos problemas de mobilidade en horas punta. Anunciou que o Concello ten en marcha a incorporación de 29 novas licenzas de taxi, que se sumarán ás actuais en canto remate a tramitación coa Xunta. “Agardo que sexa o máis rápido posible”, dixo. Ademais, avanzou que o novo contrato do transporte colectivo incluirá melloras nas conexións co rural, lanzadeiras e máis frecuencias, así como cambios nas marquesiñas.

Sanmartín respondeu ás queixas de veciños de Laraño, Meixonfrío ou dos polígonos industriais de Santiago. Comprometeuse a revisar o estado das marquesiñas e a repoñer xogos infantís como a tirolina de Meixonfrío. Sobre o estado dalgúns polígonos, lembrou que parte das competencias corresponden a outras administracións, aínda que o Concello “toma nota e buscará fórmulas de solución”.

En relación coa limpeza da cidade, asegurou que se está a notar unha mellora tras o reforzo de persoal e maquinaria, e fixo un chamamento á colaboración cidadá para respectar horarios e uso correcto dos contedores.

PATRIMONIO E VIVENDA NO CASCO HISTÓRICO

A rexedora anunciou tamén que o goberno municipal traballa nunha modificación normativa para permitir novos usos en edificios singulares da zona histórica, moitos deles infrautilizados. Entre as opcións, mencionou residencias estudantís e centros para maiores. “Queremos que a zona histórica teña vida, movemento e que sexa habitable”, indicou.

UNHA POSIBLE MOCIÓN DE CENSURA QUE “SÓ BUSCA FACER RUÍDO”

Preguntada polas informacións sobre un posible movemento do PP para impulsar unha moción de censura, Sanmartín restou importancia ao asunto: “Son manobras que só buscan facer ruído. O Partido Popular non ten os apoios necesarios para gobernar agora nin no futuro inmediato”, asegurou.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here