InicioPOLÍTICAO Consello Municipal de Saúde pide á Xunta cubrir as prazas vacantes...

O Consello Municipal de Saúde pide á Xunta cubrir as prazas vacantes da UMAD de Santiago

O órgano reclama que o Sergas asuma de inmediato as baixas e xubilacións mentres non se produce o traspaso previsto para 2026

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello Municipal de Saúde de Santiago aprobou un acordo no que insta á Xunta de Galicia a cubrir todas as prazas vacantes na Unidade Municipal de Atención a Drogodependencias (UMAD), tanto as derivadas de baixas laborais como as motivadas por xubilacións.

A proposta foi defendida pola representante Pilar Lueiro, quen subliñou que a unidade presta un servizo sanitario fundamental a un total de 42 concellos da área sanitaria compostelá. O texto acordado lembra que, por tratarse de persoal especialista do ámbito da saúde, “as prazas deben ser cubertas desde o Servizo Galego de Saúde, como pasa noutras áreas sanitarias do noso país”.

No documento, o Consello de Saúde fai referencia á decisión anunciada pola Xunta de transferir as UAD ao Sergas a partir de 2026, pero reclama que mentres non se faga efectivo ese traspaso se garanta a continuidade da atención.

“Solicitamos que a Consellería de Sanidade proceda á cobertura das prazas vacantes por baixa ou xubilación que se lle teñen notificado de forma inmediata para causar a menor disrupción posible na prestación do servizo”, recolle o acordo aprobado.

ÚLTIMAS

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Declarado de interese autonómico o proxecto para crear un aparcadoiro de 1.500 prazas no CHUS

O Consello da Xunta declarou proxecto de interese autonómico (PIA) a reordenación da contorna...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

A USC incorpora 13 obras de José María Fenollera á Facultade de Xeografía e Historia

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recibiu en comodato 13 obras do pintor...

O Concello renuncia á naturalización da Lagoa do Auditorio tras perder o financiamento e licita o mantemento da Rocha Forte

A Xunta de Goberno Local de Santiago acordou este luns formalizar a renuncia á...

O PP propón axudas de ata 80 euros ao mes por fillo para financiar o transporte escolar nos centros concertados

O Partido Popular de Santiago incorporará ás súas propostas para as familias unha axuda...

Aitor Bouza reclama a Rueda medidas para evitar novos episodios de saturación nas Urxencias do CHUS

O secretario xeral do PSdeG de Santiago e deputado autonómico, Aitor Bouza, reclamou ao...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here