InicioPOLÍTICAA alcaldesa destaca a importancia da solidariedade na loita contra o cancro

A alcaldesa destaca a importancia da solidariedade na loita contra o cancro

A alcaldesa participou na marcha solidaria, que este ano superou a cifra de inscritos da edición anterior

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou esta mañá na marcha solidaria contra o cancro, onde salientou o papel da sociedade na loita contra esta doenza. “É importantísimo porque significa sensibilizar sobre esta doenza e, sobre todo, sobre a investigación”, subliñou, lembrando que os avances en tratamentos e na mellora da calidade de vida das persoas diagnosticadas “fanse grazas á solidariedade coa asociación do cancro”.

Sanmartín destacou tamén o éxito da convocatoria deste ano, que superou o número de participantes respecto da pasada edición, e avanzou que durante a xornada se mostrará, ademais, “todo o que se conseguiu en materia de investigación”.

En paralelo, a rexedora contestou a preguntas dos medios sobre o debate da taxa turística, que conta cun recurso presentado por parte do sector hoteleiro. Explicou que as alegacións municipais aínda non foron entregadas e que se prevé facelo “o luns, tras a sesión coa asesoría xurídica”. Pese a este trámite, asegurou que “dende a perspectiva do Concello está todo listo” para que o imposto de estadías entre en funcionamento.

Ás críticas dunha parte do sector, Sanmartín respondeu que se trata dunha medida “que veu para quedar, que xa está implantada en moitas cidades de Europa” e que supón unha achega “modesta en contía, pero importante como beneficio para a cidade, ao reforzar a actividade turística”.

Sobre o caso Esproi, limitouse a sinalar que “a xustiza falou e cando fala o resto da xente o que temos que facer é acatar as sentenzas”, sen entrar en máis valoracións.

ÚLTIMAS

Santiago gaña oito novas conexións aéreas

A nova compañía aérea Fly2Galicia anunciou que comezará a operar o 1 de decembro...

A USC mantén o seu lugar entre as 600 mellores universidades do mundo

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) mantén a súa posición no tramo 501-600...

Galicia, responsable coa eclipse: non se rexistran polo momento grandes lesións oculares

Os galegos mostraron unha elevada responsabilidade na protección ocular durante o eclipse solar visible...

O PP acusa o Goberno central de chegar tarde á preparación do Xacobeo 2027 e reclama máis investimentos para Santiago

O Partido Popular realizou este venres un balance da colaboración do Goberno de España...

O PSdeG de Santiago atribúe o novo colapso das Urxencias á falta de planificación da Xunta e reclama responsabilidades

O secretario xeral do PSdeG de Santiago, Aitor Bouza, denunciou un novo episodio de...

O PP reclama unha reforma integral do cemiterio de Boisaca e cuestiona o seu mantemento

O Partido Popular de Santiago reclamou unha actuación de maior alcance no cemiterio municipal...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here