InicioPOLÍTICAO PSdeG acusa a alcaldesa de manipular co anuncio dun posto de...

O PSdeG acusa a alcaldesa de manipular co anuncio dun posto de protocolo en Santiago

Marta Abal critica que a praza xa estaba incluída na oferta pública e denuncia a creación dun cargo eventual

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo municipal socialista de Santiago de Compostela manifestou o seu rexeitamento ao anuncio da alcaldesa, Goretti Sanmartín, de crear un posto específico de protocolo no Concello. A concelleira socialista Marta Abalcualificou a decisión como “cando menos un exercicio de manipulación política” e acusou á rexedora de que “minte descaradamente”.

Segundo explicou Abal, a praza de protocolo xa figuraba na oferta de emprego público de 2024, mais o proceso de cobertura interina permanece paralizado dende xullo de 2024, momento no que se fixo público o listado provisional de persoas admitidas e excluídas. A edil considerou que o executivo local “non está conforme co listado publicado” e opta por “colocar a dedo a unha persoa da súa confianza baixo a fórmula do persoal eventual”.

Para a socialista, este movemento constitúe “un parche que demostra que a prioridade non é respectar os procesos abertos nin garantir a igualdade de oportunidades, senón asegurar que o posto clave de protocolo quede baixo o control do partido”.

Dende o PSdeG aseguran que “Sanmartín non anuncia nada novo, senón que tapa cun relato interesado unha realidade incómoda”. Abal insistiu en que “as declaracións da alcaldesa erosionan a confianza na xestión municipal e proxectan a imaxe dun Concello convertido nun espazo de recolocación partidaria en lugar dunha institución ao servizo de toda a veciñanza”.

ÚLTIMAS

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

O PSOE urxe o Goberno de Santiago a completar o censo de vivendas baleiras e mobilizalas

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclamou ao Goberno local que complete o censo...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here