InicioPOLÍTICASanmartín renova o apoio do Concello no simposio internacional de demencias organizado...

Sanmartín renova o apoio do Concello no simposio internacional de demencias organizado por Agadea

A alcaldesa participou no acto de apertura do encontro, que reúne en Compostela a participantes chegadas tras facer o Camiño desde Sarria

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participou este xoves no acto de apertura do simposio internacional ‘Walking the talk for Dementia’, unha iniciativa promovida pola asociación Agadea Alzheimer que reúne en Compostela a persoas vinculadas á investigación, á atención e ao activismo social en torno ás demencias. No encontro tamén interveu a presidenta de Agadea, Isabel Gey, xunto coas participantes que previamente percorreron o Camiño de Santiago desde Sarria como actividade previa ao simposio.

No seu discurso de benvida, Sanmartín reiterou o compromiso do Concello de Santiago co colectivo de persoas afectadas e coas súas familias. “Estamos aquí, convosco, non só nesta inauguración, senón tamén no día a día; e segundo, non imos esquecer”, sinalou, incidindo na importancia da continuidade do apoio institucional.

A rexedora destacou que a prioridade do goberno local é manter políticas centradas nas persoas e na saúde mental, reforzando a rede de coidados e impulsando iniciativas de recoñecemento e memoria colectiva. “Imos seguir apostando por políticas que poñan no centro as persoas, a saúde mental, a rede de coidados. Imos seguir recuperando memoria, nomeando, recoñecendo. Porque cando unha cidade lembra, é unha cidade máis viva. E cando coida das súas persoas, é unha cidade máis forte”, afirmou.

O simposio internacional, que se desenvolve estes días en Compostela, conta cun programa de mesas de debate e actividades orientadas a compartir boas prácticas e experiencias de acompañamento ás persoas con demencia e ás súas familias, situando a cidade como referente na acollida de iniciativas de carácter sociosanitario.

ÚLTIMAS

O Festival Imperdible reúne en Santiago a Lucía Veiga e artistas da improvisación galega e internacional ata o 18 de outubro

O Festival Imperdible encara a última parte da súa sexta edición cunha serie de...

Manuel César renuncia como concelleiro de Santiago por motivos persoais e familiares e será substituído por Saleta Chao

O concelleiro de Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Electrónica de Santiago de...

O PSOE de Santiago levará ao pleno de outubro as barreiras arquitectónicas no acceso ás vivendas públicas de Conxo

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentará no pleno ordinario de outubro...

A Asociación de Xornalistas de Galicia concede o Premio Diego Bernal 2027 ao catedrático da USC Xosé López García

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) decidiu conceder o Premio Diego Bernal 2027...

Manuel César renuncia como concelleiro de Santiago por motivos persoais e familiares e será substituído por Saleta Chao

O concelleiro de Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Electrónica de Santiago de...

O PSOE de Santiago levará ao pleno de outubro as barreiras arquitectónicas no acceso ás vivendas públicas de Conxo

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentará no pleno ordinario de outubro...

Verea acusa o Goberno de Santiago de non preparar a cidade para o Xacobeo 2027

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, cuestionou a actuación do Goberno...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here