InicioPOLÍTICAO PSdeG reclama medidas urxentes ante os colapsos de tráfico en Santiago

O PSdeG reclama medidas urxentes ante os colapsos de tráfico en Santiago

Os socialistas denuncian que a saturación viaria afecta a residentes, visitantes e transporte público, e piden reforzo policial, mellor información e alternativas de mobilidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista de Santiago alertou este venres das dificultades crecientes que está a sufrir a cidadanía e as persoas visitantes pola conxestión do tráfico urbano durante o verán. Segundo denunciaron, a elevada presenza de vehículos nas rúas do centro histórico e da súa contorna está a provocar atascos habituais que dificultan a vida diaria.

As zonas máis afectadas son os accesos á Praza de Galicia, a propia praza e a contorna do Campo da Estrela, onde a acumulación de coches provoca bloqueos continuos. A situación vese agravada cando os aparcadoiros de Praza de Galicia, San Clemente e Belvís chegan ao límite da súa capacidade. Nese momento, as colas de vehículos tentando acceder a eles entorpecen a circulación xeral e xeran riscos para a seguridade viaria.

Os socialistas destacan que estas condicións complican tamén o funcionamento do transporte público, xa que os autobuses atopan problemas para manobrar ou efectuar as súas paradas, mentres que os peóns teñen dificultades para cruzar pasos de cebra obstruídos.

Ante esta situación, o PSdeG reclama ao goberno local que poña en marcha medidas inmediatas, como o reforzo da presenza policial nas zonas máis conflitivas, a mellora da información pública sobre tráfico e dispoñibilidade de aparcadoiros e a promoción de alternativas de mobilidade e estacionamento nos períodos de maior afluencia.

“O obxectivo é garantir unha mobilidade segura e fluída”, apuntan, ao tempo que lembran que unha cidade como Santiago, que aspira a ser referente en sustentabilidade, “non pode manter un modelo de mobilidade deficiente que incremente a contaminación, o ruído e a inseguridade viaria”.

ÚLTIMAS

O Sindicato de Vivenda de Compostela denuncia que unha manifestante ingresou no hospital tras unha agresión policial

O Sindicato de Vivenda de Compostela denunciou que varias participantes nas mobilizacións da folga...

O PSdeG abre a campaña en Santiago cun chamamento á mobilización para o 29-N

O PSdeG iniciou en Santiago a campaña para as eleccións xerais do 29 de...

Pedro Sánchez participará nun acto electoral en Santiago o mércores 18 de novembro

O presidente do Goberno e candidato do PSOE ás eleccións xerais, Pedro Sánchez, visitará...

Fronte Ampla propón crear unha empresa farmacéutica pública en Santiago en colaboración coa USC

A coalición Fronte Ampla presentou este xoves en Santiago de Compostela o seu programa...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here