InicioPOLÍTICAO PP denuncia atrasos na licitación dos contratos dos centros socioculturais en...

O PP denuncia atrasos na licitación dos contratos dos centros socioculturais en Santiago

José Ramón de la Fuente critica a xestión do goberno local e advirte de que poderían volver producirse suspensións de actividades a comezos do curso

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago advertiu dunha situación que considera “insostible” nos centros socioculturais da cidade, debido aos continuos atrasos na tramitación dos novos contratos de xestión. O concelleiro popular José Ramón de la Fuente asegurou que, despois de dous anos de anuncios por parte do goberno local, “a día de hoxe non foi publicado o expediente de licitación”.

Segundo De la Fuente, os actuais contratos “naceron mal” ao non estar “axeitadamente dimensionados nin técnica nin economicamente”, o que obrigou a prórrogas sucesivas. O edil sostivo que esta situación afecta tanto ás empresas concesionarias como aos traballadores, que “denunciaron impagos de nóminas”, e tamén aos usuarios, que “se queixaron das suspensións de actividades”.

O popular lembrou que xa en novembro pasado o executivo local reorganizou o departamento encargado da rede de centros, coa intención de mellorar o seu funcionamento, pero “sen resultados”. Ademais, indicou que en xuño se prorrogou de novo a vixencia dos contratos ata outubro, cun compromiso de resolver nese prazo a nova licitación. “Estamos a menos dun mes e medio de que rematen as prórrogas e nada sabemos da licitación dos novos contratos”, advertiu.

De la Fuente asegurou que o goberno local “xa sabe que non pode cumprir prazos nin compromisos, pero segue adiante con anuncios que non se materializan”. Neste sentido, avanzou que o inicio do novo curso podería verse condicionado pola falta de estabilidade contractual e non descartou novas suspensións de actividades nos centros socioculturais da capital galega.

Segundo o edil, a falta de avances evidencia unha “grave incapacidade de xestión” por parte do executivo nacionalista, que “mentiu en repetidas ocasións sobre a inminente publicación dos pregos”.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

O PP reúne nove medidas para as familias que incorporará ao seu proxecto para Santiago

O Partido Popular de Santiago reuniu, coincidindo co inicio do curso escolar, nove propostas...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here