InicioPOLÍTICAO PP critica as continuas avarías do ascensor de Triacastela e pide...

O PP critica as continuas avarías do ascensor de Triacastela e pide un plan de mantemento

O concelleiro Adrián Villa reclama desculpas públicas do goberno do BNG e solucións ante as reiteradas incidencias

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro do Partido Popular en Santiago, Adrián Villa, instou ao executivo municipal do BNG a dar unha resposta definitiva ás constantes avarías do ascensor de Triacastela, unha infraestrutura posta en marcha en 2019 para salvar o desnivel entre os Concheiros e a avenida de Lugo.

Segundo denunciou Villa, o elevador acumula problemas técnicos de forma reiterada, con especial impacto sobre as persoas maiores e con mobilidade reducida. “A ineptitude do goberno nacionalista, que non é quen de manter funcionando un ascensor, é cada vez máis desesperante”, sinalou. O edil popular lembrou que en abril houbo unha avaría que tardou máis de quince días en repararse e que posteriormente se optou por unha solución provisional que acabou fallando de novo en xullo. “Agora, pasado só un mes, volve a estar inutilizado”, indicou.

O concelleiro recordou que o actual goberno local, cando se atopaba na oposición en 2023, xa advertira dos problemas de mantemento desta instalación. “Parece que se esqueceron desta reclamación e non fan nada por evitar que isto siga ocorrendo”, afirmou.

Villa explicou que recibiu múltiples chamadas de veciños e veciñas da zona mostrando a súa indignación polo mal funcionamento do ascensor e reclamou que o executivo municipal asuma responsabilidades. “Esiximos que o goberno do BNG pida desculpas públicas e poña en marcha un plan de mantemento para evitar que se repita esta situación”, concluíu.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here