InicioPOLÍTICAO PP de Santiago reclama un Plan Municipal de Infancia e Adolescencia...

O PP de Santiago reclama un Plan Municipal de Infancia e Adolescencia para garantir os dereitos da rapazada

A concelleira Yolanda Otero denuncia a falta de Consello Municipal e critica a non adhesión á rede de Cidades Amigas da Infancia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago, a través da súa concelleira Yolanda Otero, instou ao Goberno municipal a poñer en marcha un Plan Municipal de Infancia e Adolescencia que permita ordenar e priorizar as políticas públicas dirixidas aos menores da cidade. A popular lembrou que Compostela carece na actualidade dun Consello Municipal da Infancia e Adolescencia e tampouco está adherida á rede de Cidades Amigas da Infancia promovida por UNICEF, circunstancia que, ao seu xuízo, reflicte un atraso na planificación municipal nesta materia.

Segundo Otero, esta ferramenta debera fundamentarse en tres eixos estratéxicos: protección, prevención e participación, e debería contar coa implicación activa tanto do tecido social que traballa co colectivo infantil e xuvenil como dos propios nenos, nenas e adolescentes. A concelleira defendeu que “hai que traballar nun instrumento que promova a coordinación necesaria para dar resposta ás súas necesidades e favoreza a súa participación activa na vida pública local”.

O plan municipal que reclama o PP debería, ademais, aliñarse cos obxectivos da Axenda 2030, incorporando accións encamiñadas a crear entornos seguros, inclusivos e estimulantes para a infancia e adolescencia, coa finalidade de garantir o pleno exercicio dos seus dereitos.

A edil subliñou que “o benestar social da infancia e adolescencia de Compostela depende en gran medida da acción municipal”, polo que o Concello ten a responsabilidade de deseñar unha cidade pensada desde a mirada da infancia, atenta aos desafíos emerxentes e aos problemas sociais que afectan á veciñanza máis nova.

“A infancia e adolescencia exercen unha cidadanía activa e son membros de pleno dereito da sociedade democrática”, sinalou Otero, que advertiu da necesidade de incorporar as súas opinións, necesidades e dereitos na política municipal, apostando por unha xestión que se traduza nun modelo urbano inclusivo, accesible e garante de oportunidades para todos e todas.

O Partido Popular xa formulou no pasado iniciativas neste sentido e insiste agora na súa reivindicación como paso imprescindible para cumprir os compromisos da Convención dos Dereitos do Neno de 1989 e reforzar o papel de Santiago como cidade comprometida co desenvolvemento social e humano das xeracións máis novas.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here