InicioPOLÍTICAO PSdeG levará ao pleno de Santiago unha proposta para que a...

O PSdeG levará ao pleno de Santiago unha proposta para que a Xunta acepte os fondos estatais de vivenda

Sindo Guinarte reclama compromisos firmes do goberno galego para facilitar a construción de vivenda pública en colaboración cos concellos

Publicado o

Xornal de Compostela

O Grupo Municipal Socialista do Concello de Santiago anunciou este domingo que presentará unha proposición no pleno do 26 de xuño para instar á Xunta de Galicia a aceptar os fondos do novo Plan Estatal de Vivenda 2026-2030, ofrecidos polo Goberno central. O voceiro socialista, Sindo Guinarte, defendeu esta iniciativa como unha oportunidade clave para incrementar o parque público de vivenda en Galicia e, en particular, en Santiago de Compostela.

Segundo explicou Guinarte, a proposta responde ao rexeitamento inicial do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, a esta liña de financiamento, expresado na Conferencia de Presidentes celebrada o pasado 6 de xuño. O plan estatal prevé unha achega de 380 millóns de euros para Galicia, cos que se poderían construír 4.000 vivendas públicas.

“Non foi comprensible ese primeiro rexeitamento”, declarou o voceiro municipal, quen valorou de forma positiva o cambio de postura amosado polo presidente galego nos últimos días. Con todo, Guinarte considera que a Xunta debe asumir compromisos concretos, como elevar ata o 40% o seu financiamento directo da vivenda pública, e poñer en marcha un novo Plan Galego de Vivenda en colaboración coas administracións locais.

O portavoz socialista salientou ademais que o novo Plan Estatal inclúe medidas estruturais relevantes, como a blindaxe do parque público fronte á especulación inmobiliaria e mecanismos de control da transparencia dos prezos de mercado. A este respecto, sinalou que a cidade de Santiago debería ter un papel protagonista na demanda e esixencia da súa aplicación.

Actualmente, en Santiago de Compostela hai máis de mil persoas inscritas no Rexistro de Demandantes de Vivenda, o que para Guinarte evidencia a necesidade urxente de aumentar a oferta pública. O grupo socialista considera que estes fondos constitúen unha oportunidade estratéxica que non pode desaproveitarse, e que require da implicación activa da Xunta xunto aos concellos.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here