InicioPOLÍTICASindo Guinarte critica a falta de proxectos propios do Goberno local e...

Sindo Guinarte critica a falta de proxectos propios do Goberno local e reclama máis diálogo

O voceiro socialista acusa ao executivo de Sanmartín de vivir da inercia do mandato anterior e alerta sobre a falta de transparencia e de maioría plenaria

Publicado o

Xornal de Compostela

O portavoz do Grupo Municipal Socialista en Santiago, Gumersindo Guinarte, fixo este luns unha avaliación crítica dos dous primeiros anos do actual mandato municipal, asegurando que o Goberno liderado por Goretti Sanmartín ofrece “un pobre balance”, sen iniciativas propias e sustentado —na súa opinión— en proxectos herdados da anterior lexislatura.

Guinarte subliñou que “no que ten que ver con obras e actuacións, a maior parte delas son herdadas do mandato anterior”, citando como exemplos o pavillón de Vite ou a reurbanización do Pombal, iniciativas cuxos procesos de licitación e financiamento, segundo indicou, foron impulsados polo anterior executivo socialista, mesmo mediante fondos europeos Next Generation.

O socialista tamén reivindicou a autoría da proposta da taxa turística, que segundo lembrou partiu dun estudo encomendado á USC por iniciativa do propio grupo socialista. Ademais, salientou que outras grandes actuacións como a estación intermodal ou a nova depuradora dependen maioritariamente de financiamento estatal.

Respecto ao futuro colexio público Peleteiro, Guinarte quixo destacar o papel decisivo do Goberno central na tramitación da cesión do terreo, propiedade da Sareb, que permitirá avanzar na creación de vivenda protexida, un dos puntos reiteradamente defendidos polo seu grupo político.

Nun ton máis crítico, denunciou a “falta de transparencia e concreción” nalgúns dos principais anuncios do executivo de Sanmartín. Referiuse, por exemplo, ao acordo sobre o aparcadoiro do hospital clínico (CHUS), sobre o que declarou que “hai un documento que non é un convenio” e pediu coñecer con claridade a aportación económica que deberá asumir o Concello.

A subasta de edificios en ruínas foi cualificada por Guinarte como “un pequeno fiasco”, sinalando a súa paralización por parte dos tribunais e a ausencia de avances dende o seu anuncio.

En canto ás políticas sociais, recoñeceu a continuidade dalgunhas medidas positivas, como o aumento de prazas no Servizo de Axuda no Fogar ou nos comedores escolares, pero advertiu da necesidade de non sobrecargar o orzamento municipal asumindo “competencias impropias” sen apoio doutras administracións. “O Concello non pode asumir indefinidamente funcións alleas que poidan comprometer o exercicio das súas competencias propias”, subliñou.

Guinarte tamén puxo en valor a actitude do Grupo Municipal Socialista durante este período, lembrando que foi grazas ao seu apoio que se aprobaron os orzamentos municipais, como mostra dunha vontade de diálogo que, ao seu xuízo, non tivo o BNG cando exercía na oposición.

Porén, o portavoz concluíu lanzando unha advertencia ao Goberno local pola súa “falta de diálogo nas cousas cotiás” e instouno a tomar conciencia de que non conta cunha maioría absoluta no Pleno, polo que debe abrirse ao entendemento para garantir a gobernabilidade da cidade.

ÚLTIMAS

Colectivos propalestinos convocan unha protesta en Santiago pola participación de médicos israelís nun congreso

A celebración en Santiago de Compostela dun congreso europeo dedicado á investigación en medicina...

O servizo municipal de asesoramento sobre alugueiros de Santiago atende preto de 200 consultas nos seus tres primeiros meses

O Servizo Municipal de Información e Asesoramento en Materia de Alugueiro de Santiago de...

Monbus busca novos condutores para o transporte urbano de Santiago con contratos indefinidos e incorporación inmediata

A empresa Monbus iniciou un proceso de contratación de novos condutores e condutoras para...

Norwegian conectará Santiago e Copenhague con dous voos semanais no verán de 2027

O aeroporto de Santiago de Compostela contará cunha nova conexión internacional durante o verán...

Marta Álvarez reclama ao Concello de Santiago medidas ante os incendios nun baixo de Romero Donallo

A concelleira non adscrita de Santiago de Compostela, Marta Álvarez, reclamou ao Goberno municipal...

Pedro Blanco e o Ateneo de Santiago reclaman recuperar o liderado cultural e institucional de Compostela

O candidato do PSdeG-PSOE á Alcaldía de Santiago, Pedro Blanco, reuniuse coa directiva do...

Borja Verea destaca as máis de 400 vivendas públicas da Xunta en Santiago e aposta por facilitar que os mozos poidan quedar na cidade

O presidente do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, reivindicou o papel dos investimentos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here