InicioPOLÍTICARaxoi ve "arriscado" que a Xunta reforce o papel das empresas privadas...

Raxoi ve “arriscado” que a Xunta reforce o papel das empresas privadas que tramitan licencias urbanísticas

"Eu non creo que os profesionais do sector privado sexan menos competentes nin menos rigorosos dos do sector público, en absoluto. Creo que é indiscutible que as lóxicas do sector privado e as do público son diferentes, para ben e para mal", contextualizou Iago Lestegás.

Publicado o

Xornal de Compostela

O concelleiro de Urbanismo de Santiago, Iago Lestegás, considerou como “arriscado” que a Xunta encomendar ao sector privado funcións que “ata agora eran exclusivas do público” tras o anuncio do Goberno galego de cambios nos trámites das licencias urbanísticas. A publicación dun próximo decreto permitirá que as Entidades de Certificación de Conformidade Municipal (ECCOM) –compañías que exercen xa un papel análogo ao dunha xestoría para a preparación do trámite– “poida simplificar trámites urbanísticos” que axilicen a construción de vivenda e, en consencuencia, aumenten a oferta, tal e como adiantou o presidente autonómico, Alfonso Rueda, o pasado luns.

Preguntado a este respecto en rolda de prensa, Lestegás mostrou “dúbidas” e “reservas” sobre a aplicación deste instrumento: “Encomendarlle ao sector privado funcións e potestades que ata agora eran exclusivas do público, como o control preventivo de actos do uso do chan e da edificación, paréceme arriscado”. O edil puxo o foco en que, con esta modificación legal, “os informes que eles realicen substitúen aos informes técnicos e xurídicos municipais”. Por tanto, o concelleiro (en caso de obras menores) ou a xunta de goberno (en caso de obras maiores) terán “por imperativo legal” que conceder esas licenzas en base a eses informes, “realizados non por funcionarios, senón por profesionais do sector privado”.

Para o responsable de Urbanismo en Raxoi, isto representa “un cambio de paradigma” e un “punto de inflexión bastante importante”. “Eu non creo que os profesionais do sector privado sexan menos competentes nin menos rigorosos dos do sector público, en absoluto. Creo que é indiscutible que as lóxicas do sector privado e as do público son diferentes, para ben e para mal”, contextualizou. Así mesmo, trasladou que “está moi ben” buscar fórmulas para abordar o problema dos longos prazos aos que están sometidos os concellos neste sentido. “Pero non me parece que reducir a intervención pública nos actos de uso do chan e da edificación sexa unha fórmula adecuada para conseguir este fin”, obxectou.

ORDENANZA PARA IMPEDIR A SÚA IMPLANTACIÓN

Con todo, hai un suposto polo que os concellos poderían desbotar a aplicación destes instrumentos: creando unha ordenanza respecto diso. “En principio, o Goberno non ten intención de impedir a implantación, pero temos reservas”, informou Lestegás, preguntado directamente por esta cuestión. Nesta liña, non o asumiu como unha postura pechada: “Haberá que ver como funciona”, valorou. Ademais, aludiu ás “reservas” existentes noutras administracións e entidades por este “cambio de paradigma”.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here