InicioPOLÍTICAO PP critica a reubicación de Urbanismo pola falta de planificación do...

O PP critica a reubicación de Urbanismo pola falta de planificación do goberno local

Constenla advirte que o traslado ao edificio Fernández de la Vega afecta negativamente tanto aos traballadores municipais como á veciñanza

Publicado o

Xornal de Compostela

O voceiro do Partido Popular no Concello de Santiago, José Antonio Constenla, censurou a xestión do goberno local na reorganización dos servizos municipais ante as obras previstas no Pazo de Raxoi, sede principal da administración compostelá. Segundo denunciou o edil, a reubicación do departamento de Urbanismo na Casa Jimena e Elisa Fernández de la Vega está a xerar importantes problemas laborais e operativos.

Constenla afirmou que a mudanza estaba prevista con antelación pero que, “como xa é habitual”, realizouse sen planificación e de maneira precipitada. O concelleiro popular puxo como exemplo a nova situación do Servizo de Licenzas, cuxo persoal —afirma— terá que traballar nun “espazo reducido, con pouca ventilación, entre caixas e equipos informáticos no chan”, compartindo tarefas administrativas coa atención ao público.

Dende o PP sosteñen que esta situación supón un perxuízo tanto para o persoal como para a cidadanía, que se atopa sen información clara sobre onde realizar trámites. Constenla asegura que “nin a alcaldesa nin o concelleiro responsable responderon ás queixas xa formuladas polos traballadores afectados”, o que interpreta como un sinal de desinterese polo benestar laboral e pola calidade da atención á veciñanza.

A formación popular alerta tamén de que o problema se prolongará no tempo, dado que as obras de mellora no Pazo de Raxoi se estenderán por máis dun ano, afectando especialmente a un departamento que, segundo o edil, xa sofre atrasos e conxestións.

Finalmente, o Partido Popular pediu que se busque unha solución alternativa que garanta unhas condicións dignas de traballo e unha atención axeitada ao público, e reclamou maior transparencia por parte do executivo municipal na xestión dos servizos durante o período de obras.

ÚLTIMAS

Un peregrino morre tras sufrir unha parada cardíaca no Camiño de Fisterra ao seu paso por Ames

Un peregrino faleceu este luns mentres percorría o Camiño de Fisterra ao seu paso...

Brión leva a pleno uns orzamentos de 9,2 millóns para 2026, un 19% máis que en 2024

O Pleno do Concello de Brión abordará este mércores, 7 de outubro, ás 13:00,...

A acampada de Santiago pola vivenda mantense pese ao mal tempo “ata que haxa cambios reais”: “Como bos galegos, non nos para a choiva”

A acampada pola vivenda instalada na Praza do Obradoiro de Santiago continuará de xeito...

Os Roteiros Saudables da AECC regresan a Santiago con andainas quincenais para combater o sedentarismo

O programa Roteiros Saudables da Asociación Española contra o Cancro (AECC) regresará a Santiago...

Subirats reivindica en Santiago máis capacidade para os concellos ante a interconexión das crises

O profesor de Ciencia Política da Universidade Autónoma de Barcelona e exministro de Universidades...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here