InicioPOLÍTICARosón e Mila Castro: "Sería escandaloso que resolvesen antes o noso expediente...

Rosón e Mila Castro: “Sería escandaloso que resolvesen antes o noso expediente que o de Abalos”

Agradecen as mostras de apoio recibidas por outros ex cargos do PSdeG de Santiago.

Publicado o

Xornal de Compostela

As concelleiras de Santiago de Compostela expulsadas do PSOE Mercedes Rosón e Mila Castro consideraron que “sería escandaloso” que o seu expediente concluíse antes que outros que levan meses pendentes como os que afectan o alcalde do Carballiño, Francisco Fumega, ou ao exministro de Transportes, José Luís Ábalos.

Rosón e Castro pronunciáronse deste xeito ao ser preguntadas polas declaracións efectuadas polo secretario provincial do PSOE coruñés, Bernardo Fernández, nas que asegurou que a comisión de ética e garantías ten un prazo duns 15 días para analizar as alegacións dos catro edís composteláns expulsados para despois decidir se esta medida é definitiva.

“Se é certo que o obxectivo, como vimos denunciando desde hai semanas, é que nos manden para casa, pois posiblemente si entenderiamos que chegase esta semana, se non, non se entendería”, sostivo Mila Castro. Ademais, na rolda de prensa e interpeladas polas críticas das direccións do PSOE local, provincial e galego á carta asinada por centenares de cidadáns, entre eles o expresidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, en apoio a Mercedes Rosón, Mila Castro, Gonzalo Muíños e Marta Álvarez, as edís consideraron que a dirección ten “un serio problema” se non quere entender a mensaxe lanzada por estas persoas.

Deste xeito, tras mostrar o seu sincero agradecemento aos asinantes, dixeron que “reducir e devaluar” unha iniciativa cidadá como esta resulta “totalmente inexplicable” e terá consecuencias no presente e no futuro do PSOE tanto na provincia como na cidade. Ademais, despois de que a dirección do partido dixese que só asinaban a carta “tres militantes”, Mila Castro, que foi secretaria xeral do PSOE compostelán, lembrou que dos 300 militantes que ten o partido na cidade “uns 50” rubricaron a misiva.

APOIOS IMPORTANTES

Entre eles, figuran, ademais do propio expresidente Touriño, personalidades como o exalcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo; a exdiputada Noa Díaz; a que foi secretaria de Organización do PSOE compostelán Cermen Fernández Morante; así como a exportavoz socialista no concello de Teo Uxía Lemus da Igrexa, o exsenador Xavier Carro, a exconcelleira Begoña Rodríguez e outros socialistas como o que desempeñou o cargo de director xeral de Política Financeira da Xunta na etapa de Touriño, Eugenio García Lalinde; ou a que foi directora xeral de Lingua no mesmo goberno da Xunta, María Sol López Martínez, entre outros.

Por último, preguntadas polas palabras nas que o actual secretario xeral do PSOE compostelán Aitor Bouza recoñeceu “erros” por ambas as partes, Mila Catro preguntou se eses erros son o esixir a acta das concelleiras, a decisión de “cesar ao persoal eventual” a pesar de que fai un gran labor ou “obrigar aos concelleiros do grupo a bloquear a ordenanza que completaba a regulación das vivendas de uso turístico”. “Nós imos ser expulsados, se o comité de ética non o remedia, por non asistir á convocatoria dunha reunión á que nós mesmos explicamos que non iamos asistir por considerar que era nula de pleno dereito”, incidiu.

Por último, volveron a confirmar a súa intención de esgotar o mandato como concelleiras aínda que teñan que ir para o grupo de non adscritos —no que non contarían con asignación económica—, así como a súa vontade de defender os seus dereitos ante a xustiza se é necesario.

ÚLTIMAS

Prisión provisional e sen fianza para o detido polo atropelo mortal en Bertamiráns

O detido polo atropelo mortal sucedido este mércores en Bertamiráns, no municipio coruñés de...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

Dous detidos en Santiago mentres roubaban xoias nun domicilio do centro

Dúas persoas foron detidas o pasado domingo tras ser pilladas 'in fraganti' mentres roubaban...

Investigado por asasinato o detido logo dun atropelo intencionado en Ames no que a vítima faleceu

A Garda Civil investiga por un delito de asasinato ao detido este mércores por...

Borja Verea promete reducir a menos de 20 días o pagamento aos provedores do Concello de Santiago

O líder do Partido Popular de Santiago, Borja Verea, comprometeuse a situar o período...

As familias solicitantes do servizo de comedor de Compostela teñen ata o 19 de agosto para preinscribirse

A voceira do Goberno local de Santiago, Míriam Louzao, informou de que as familias...

O PSdeG esixe incorporar a VOLABAN ao Padroado do Refuxio de Bando tras máis dun ano de demora

O Grupo Municipal Socialista de Santiago levará ao Pleno deste mes unha proposta para...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here