InicioPOLÍTICAMáis de 500 persoas súmanse á carta en apoio aos edís composteláns...

Máis de 500 persoas súmanse á carta en apoio aos edís composteláns expulsados do PSOE secundada por Touriño

Bugallo, os alcaldes de Ames e Padrón e personalidades como Jorge Mira e o cineasta Alfonso Zarauza, entre os asinantes

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis de 500 persoas da sociedade civil compostelá e doutros municipios da comarca sumáronse á carta lanzada a semana pasada por medio centenar de veciños en apoio aos catro concelleiros de Santiago de Compostela expulsados do Partido Socialista: Mercedes Rosón, Mila Castro, Gonzalo Muíños e Marta Álvarez. O texto, que en pouco máis de tres días multiplicou por dez os seus asinantes, mostra o seu rexeitamento á decisión adoptada polo PSOE de expulsar aos catro concelleiros, pon en valor o seu traballo e denuncian o proceso de “proceso de deslexitimación” por parte da dirección local dos representantes “democraticamente elixidos”. A misiva está rubricada a título individual por cidadáns de distintos sectores da sociedade, o académico, o cultural e o empresarial e sumou o apoio de persoas destacadas de distintos partidos políticos, como o propio PSdeG.

Todo iso despois de que, tal e como sinalaron fontes consultadas por Europa Press, diferentes persoas trasladasen a súa vontade de sumarse ao manifesto en apoio dos catro edís, ao que agora pode accederse a través dunha plataforma ‘en liña’. Deste xeito, uniron as súas firmas ao texto os alcaldes de Ames e Padrón, Blas García e Anxo Arca, respectivamente; o exrexedor e senador Xosé Sánchez Bugallo, as exdeputadas Noa Díaz e Mariña Ortega, o que fora xefe de gabinete na etapa de Xerardo Estévez e secretario de Organización do PSdeG, Jano Leis; e a exportavoz socialista no concello de Teo Uxía Lemus de la Iglesia, así como o exsenador Xavier Carro, a exconcellleira Begoña Rodríguez e outros socialistas como o que desempeñou o cargo de director xeral de Política Financeira da Xunta na etapa de Touriño, Eugenio García Lalinde; ou a que fora directora xeral de Lingua no mesmo goberno da Xunta, María Sol López Martínez.

Tamén apoian o texto membros doutros partidos políticos como o que fora edil de Compostela Aberta Jorge Duarte, o exportavoz do PP de Santiago, Alejandro Sánchez-Brunete; o que fora coordinador de cultura no PPdeG, Daniel Chapela Durán; o exconcelleiro do BNG, Manolo Portas; a integrante de Sumar Galicia Carme Casado ou a exconcelleira de Podemos Ames Genmma Otero. Ademais, figuran persoas do ámbito sanitario como María Jesús Fritiría Tato, María Enriqueta Rivas Lombardero, o xefe do servizo maxilofacial do CHUS, Abel García García; o médico dermatólogo Emilio del Río de la Torre, así como outros nomes recoñecidos da medicina na cidade como Lola Montiel Carracedo, Manuel Macía Cortiñas, José Manuel Mayán Santos, Silvia Novío Mallón e Javier Baltar Boliève. No ámbito da universidade, ademais dos asinantes iniciais Ramón Millo, Manuel López-Ribadulla, Alfredo Bermúdez de Castro e Xosé Ramón Pousa, secundan os catedráticos Jorge Mira Pérez, Tomás García-Caballero Parada e Manuel Freire Garabal, entre outras persoas vinculadas á USC.

PERSONALIDADES DA CULTURA COMO O CINEASTA ZARAUZA

A carta conta coa firma tamén de nomes destacados no ámbito cultural, como o cineasta Alfonso Zarauza; o presidente da Asociación Amigos da Ópera, Jesús Couceiro Bo; o director do Coro da Rá, Ramón Bermejo, ou o xestor cultural Victor Belho. Tamén o exdirector do Museo do Pobo Galego, Bieito Pérez Outeiriño; a representante da Asociación do Traxe Galego, Pilar Astray; o dramaturgo Roberto Leal Jiménez ou a xestora cultural Paula Cabaleiro Comesaña. Do tecido social e asociativo compostelán asinan o escrito, entre outros, o presidente da asociación de veciños de Fontiñas, Luís Meijide Rodríguez; o da plataforma de Galeras, José Manuel González Iglesias; a presidenta de FERUSA, Cruz Vázquez Vega; a titular da asociación de veciños da Almáciga, María de los Ángeles Otero del Río, ou Ana Belén Sabel Iglesias, da asociación de veciños de Graza. Tamén a presidenta da Plataforma de Pensionistas de Compostela, Manuela Fraguela Seoane.

Ademais de representantes de entidades sociais como o presidente da Asociación Contra o Cancro, Francisco Pais López; a presidenta da Asociación Sarela, Rocío García Calvo; o presidente de Fedace, Luciano Fernández Pintor; o presidente de ASPAS, Javier García Sánchez; ou do proxecto HOME, Ramón Gómez Crespo. Do ámbito empresarial destacan figuras como o barista Óscar de Toro ou o director do Colexio Peleteiro, Luís Peleteiro Ramos. Ademais, figura o adestrador de fútbol Santiago Valladares, a avogada Isabel Castillo ou Xosé Luís Bernal López, ‘Farruco’.

PRIMEIROS ASINANTES

En concreto, o documento saíu á luz o pasado venres co apoio de medio centenar de persoas, entre as que figuraban o expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño e a súa muller Esther Cid; o que fora militante do Partido Comunista e posteriormente concelleiro independente no PSOE Luís Pasín; o presidente do Ateneo, Francisco Candea; o presidente do Foro Galego de Inmigración e portavoz da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández Branco; o empresario Yago Portela; o odontólogo José María Suárez Quintanilla, entre outros. Os asinantes trasladan o seu rexeitamento á decisión adoptada polo PSOE de expulsar aos catro concelleiros e avisan de que o proceso de desafección cidadá e de desconfianza cos partidos políticos “está en razón directa con decisións adoptadas deste carácter, que erosionan e debilitan” a democracia.

“Os concelleiros presentados polo PSOE nas últimas eleccións municipais, de acordo cun programa electoral dirixido á cidadanía, son representantes democraticamente elixidos pola cidade, e a ela débense por enriba da súa pertenza ao partido que os presentou”, sinala o texto. En consecuencia, considera que “a tenor da súa elección democrática e a súa coherencia co programa presentado, resulta difícil de entender o proceso continuado de deslegitimación” que, segundo denuncian, “desde as instancias locais do PSdeG fíxose dos representantes elixidos, causando grave dano á democracia e á confianza da cidadanía nos seus representantes”. A misiva indica que nun partido político as diverxencias políticas “non se poden dirixir a través de medidas disciplinarias que impliquen a expulsión dos concelleiros e concelleiras, erosionando a representación municipal e producindo unha continuada deterioración da vida e da xestión pública local, nunha cidade que necesita a contribución de todos”. Ademais, pon o valor o “traballo ben feito dos edís” en cuestión, “cuxa lealdade e honradez coa cidadanía de Santiago é incuestionable ao longo de toda a súa traxectoria política no marco do propio partido ao que representan”.

A carta está aberta á cidadanía a través da ligazón: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfAS8HCusDMAKaeeXy6p2GPGSp7E4zyxnuYp4IQApo_D-S4Vw/viewform.

ÚLTIMAS

A alcaldesa de Santiago acusa a Rueda de “despreciar” a capital e denuncia o uso “partidista” da Xunta

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reprochou á Xunta o seu "desprezo" pola capital...

Resposta de Rueda á alcaldesa de Santiago: “non debería molestarse por investir noutros sitios”

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, manifestou non comprender as recriminacións da alcaldesa de...

Delafé e As Flores Azuis retoman a súa traxectoria con concerto en Santiago para presentar o disco ‘Amor’

A cidade de Santiago de Compostela acollerá este xoves 27 de marzo, na Sala...

O Monbus Obradoiro vence ao Estudiantes cun xogo máis enérxico e sólido en Sar

O Monbus Obradoiro impúxose ao Movistar Estudiantes nun dos encontros máis esperados da tempada...

A alcaldesa de Santiago acusa a Rueda de “despreciar” a capital e denuncia o uso “partidista” da Xunta

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reprochou á Xunta o seu "desprezo" pola capital...

O Refuxio de Bando prevé investir 90.000 euros en melloras das súas instalacións

A Fundación Refuxio de Bando acometerá ao longo de 2025 un investimento de preto...

O Concello manterá a protección do uso comercial nas plantas baixas en varias zonas de Santiago

O Concello de Santiago acordará en Pleno manter a regulación urbanística vixente en varias...