InicioSANTIAGOO expresidente da Xunta, Pérez Touriño e cincuenta persoas asinan unha carta...

O expresidente da Xunta, Pérez Touriño e cincuenta persoas asinan unha carta apoiando aos edís expulsados do PSOE

"Os concelleiros presentados polo PSOE nas últimas eleccións municipais, de acordo cun programa electoral dirixido á cidadanía, son representantes democraticamente elixidos pola cidade, e a ela débense por encima da súa pertenza ao partido que os presentou", sinala o texto

Publicado o

Xornal de Compostela

O expresidente da Xunta de Galicia Emilio Pérez Touriño (PSOE) e medio centenar de membros da sociedade civil compostelá asinan unha carta en apoio ao catro concelleiros de Santiago expulsados do Partido Socialista: Mercedes Rosón, Mila Castro, Marta Álvarez e Gonzalo Muíños. Na misiva, á que tivo acceso Europa Press e que asinan, a titulo individual, cidadáns de distintos sectores da sociedade como o político, o académico, o cultural e o empresarial, estas máis de 50 persoas mostran o seu rexeitamento á decisión adoptada polo PSOE de expulsar ao catro concelleiros e avisa do proceso de desafección cidadá e de desconfianza cos partidos políticos “está en razón directa con decisións adoptadas deste carácter, que erosionan e debilitan” a democracia.

“Os concelleiros presentados polo PSOE nas últimas eleccións municipais, de acordo cun programa electoral dirixido á cidadanía, son representantes democraticamente elixidos pola cidade, e a ela débense por encima da súa pertenza ao partido que os presentou”, sinala o texto. En consecuencia, considera que “a tenor da súa elección democrática e a súa coherencia co programa presentado, resulta difícil de entender o proceso continuado de deslegitimación” que, segundo denuncian, “desde as instancias locais do PSdeG fíxose dos representantes elixidos, “causando grave dano á democracia e á confianza da ciudadnaía nos seus representantes”.

A misiva indica que nun partido político as diverxencias políticas “non se poden dirixir a través de medidas disciplinarias que impliquen a expulsión dos concelleiros e concelleiras, erosionando a representación municipal e producindo unha continuada deterioración da vida e da xestión pública local, nunha cidade que necesita a contribución de todos”. Ademais, pon o valor o “traballo ben feito dos edís” en cuestión, “cuxa lealdade e honradez coa cidadanía de Santiago é incuestionable” ao longo de toda a súa traxectoria política no marco do propio partido ao que representan”.

ASINANTES

O texto está rubricado, a título individual, por máis de cincuenta persoas, aínda que fontes consultadas por Europa Press sinalaron que outros moitos veciños trasladaron a súa vontade de sumarse á carta en apoio a Rosón, Castro, Álvarez e Muíños.

Deste xeito, entre as persoas que trasladan o seu apoio figuran o expresidente da Xunta Emilio Pérez Touriño e a súa muller Esther Cid; catedráticos da Universidade de Santiago de Compostela como Ramón Millo, Manuel López-Rivadulla, Alfredo Bermúdez de Castro, o que foi decano da Facultade de Ciencias da Comunicación Xosé Ramón Pousa, así como persoas do ámbito do xornalismo Xosé Perozo e Luís Rivero de Agilar.

Profesoras como Concepción Abuín e Amparo Jiménez, a doutora María Tomé, o arquitecto Anxo Panero figuran tamén entre as persoas que dan o seu apoio a un texto que está rubricado polo que foi militante do Partido Comunista e posteriormente concelleiro independente no PSOE Luís Pasín; o presidente do Ateneo, Francisco Candela; o presidente do Foro Galego de Inmigración e portavoz da Plataforma polo Emprego, Miguel Fernández Branco; o empresario Yago Portela; o odontólogo José María Suárez Quintanilla, entre outros.

PSOE PROVINCIAL

O PSOE provincial da Coruña saíu ao paso desta carta. “Sería incomprensible que as normas e estatutos aprobados democraticamente pola militancia non fosen respectados, polo que non podemos compartir estas opinións a pesar de respectalas”, replica. Dixo que “desde o respecto a todas opinións que se dean na militancia”, “non compartir as expresadas por 50 persoas, entre elas tres militantes como Emilio Pérez Touriño, no manifesto”. Igualmente, reitera o seu “respaldo á decisión tomada pola Dirección Federal do PSOE” (o expediente foi iniciado pola propia dirección provincial) pola cal se expulsou aos concelleiros que “se negaron a acatar os seus acordos”.

“O partido sempre agradeceu o traballo e o apoio de Emilio Pérez Touriño, que mellor que ninguén sabe o duro que é liderar e tomar decisións, porque tivo que facelo en cumprimento desa mesma responsabilidade como máximo dirixente do PSdeG durante 11 anos”, apostila. A dirección do PSOE da Coruña recrimina que os concelleiros expulsados “tentaron enganar á opinión pública manifestando que a súa expulsión se debía á defensa dos intereses da cidadanía fronte aos defendidos polo partido, algo que queda desmentido só con ver o expediente e as conclusións do mesmo”.

ÚLTIMAS

Monbus sitúase de novo á fronte do novo contrato de transporte urbano de Santiago

O novo contrato de transporte urbano de Santiago deu este luns, 22 de xuño,...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

O colectivo feminista Materfem denuncia ante os xulgados de Santiago que se están “minimizando” casos de violencia de xénero

O colectivo Materfem, Maternidades Feministas Galegas, concentrouse na mañá deste martes diante do edificio...

O Premio Literario San Clemente recibe o Premio Nacional ao Fomento da Lectura

O Premio Literario San Clemente, promovido polo IES Rosalía de Castro de Santiago de...

Mercedes Rosón encabezará unha candidatura propia ás municipais de 2027

As concelleiras non adscritas de Santiago anunciaron este martes a posta en marcha dunha...

Lara Méndez respecta a candidatura independente das exconcelleiras socialistas e defende que o PSdeG presentará un proxecto de cidade en Santiago

A secretaria de Organización do PSdeG, Lara Méndez, afirmou que respecta a decisión das...

A USC aborda en Santiago o impacto das redes sociais no benestar da infancia e da adolescencia

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este martes na Facultade de Psicoloxía as...