InicioPOLÍTICASanmartín confía en aprobar os orzamentos municipais en Santiago

Sanmartín confía en aprobar os orzamentos municipais en Santiago

A alcaldesa pide "responsabilidade" tralo acordo co Grupo Socialista, mentres dous edís non garanten o seu apoio

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, mostrou este sábado a súa confianza en que os orzamentos municipais serán aprobados, insistindo en que “non hai ningunha razón” para que non saian adiante. A rexedora lembrou que se alcanzou un acordo co Grupo Municipal Socialista e apelou á “responsabilidade” dos concelleiros.

Nun acto en Compostela, Sanmartín asegurou que o documento xa foi remitido a todos os servizos e conta con todos os informes técnicos necesarios, polo que “non se poden facer modificacións”. Ademais, subliñou que a negociación se desenvolveu co conxunto do Grupo Socialista, polo que considera que “todos deben ter altura de miras” co benestar dos veciños da cidade.

A pesar disto, os edís socialistas Sindo Guinarte e Marta Abal aínda non confirmaron o seu apoio ás contas municipais, o que mantén a incerteza sobre a súa aprobación definitiva.

CRÍTICAS INTERNAS NO PSDEG

O concelleiro socialista Gonzalo Muíños, un dos edís recentemente expulsados do grupo municipal, criticou a actitude de Guinarte e Abal, acusándoos de “mentir” sobre o proceso de negociación dos orzamentos.

Segundo Muíños, ambos os dous “saben que menten” ao dar a entender que estiveron á marxe da negociación, xa que “todo o grupo municipal asinou o acordo”. O edil lamentou que se empregue un tema “tan importante” para fins internos do partido e asegurou que a situación actual non é unha cuestión de orzamentos, senón de posicionamentos políticos internos dentro do PSdeG.

A situación política en Santiago segue marcada pola división dentro do Grupo Socialista, mentres o goberno municipal liderado polo BNG busca garantir os apoios necesarios para sacar adiante os orzamentos da cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here