InicioSANTIAGOOs socialistas de Santiago reuniranse o vindeiro luns para tratar postura sobre...

Os socialistas de Santiago reuniranse o vindeiro luns para tratar postura sobre os orzamentos

Na reunión poderá participar a militancia para abordar a postura do partido na votación dos orzamentos municipais, de cara aos que reclaman ao goberno local "unha maior concreción e ambición"

Publicado o

Xornal de Compostela

A dirección do PSOE local de Santiago convocou unha reunión de traballo o vindeiro luns, día 24 de febreiro, na que poderá participar a militancia para abordar a postura do partido na votación dos orzamentos municipais, de cara aos que reclaman ao goberno local “unha maior concreción e ambición”.

Así o confirmaron a Europa Press fontes consultas por Europa Press, que explican que consideran necesario que o goberno local achegue un informe do cumprimento das contas de 2024 e que concrete partidas e datas.

Os catro concelleiros enfrontados coa dirección, Gonzalo Muíños, Mila Castro, Mercedes Rosón e Marta Álvarez manteñen que o acordo para a aprobación das contas segue vixente, mentres que os dous edís afíns á dirección –Guimersindo Guinarte e Marta Abal– son partidarios de fixar a postura en acordo co partido.

Nun comunicado remitido aos medios polo partido, a concelleira Marta Abal considera que nas contas “hai compromisos que xa se recollían o ano pasado e que aparecen de novo no ano 2025, polo que entenden que non se cumpriron”. Por iso, reclaman que se lles remita un informe detallado no que se indique o grao de execución e o cumprimento do pacto asinado entre os socialistas e o goberno municipal o ano pasado.

“Requiridos á alcaldesa que se comprometa con prazos e con contías exactas en cada unha das actuacións propostas e escoite as demandas que queremos incorporar”, aseverou Aval.

A socialista esixiu a Sanmartín que lles faga entrega de toda a información solicitada para poder facer unha valoración real que lles permita saber os pormenores exactos do que teñen que votar a próxima semana. “Desde o PSOE traballaremos cun horizonte claro: negociar co goberno municipal para poder apoiar estes orzamentos en beneficio dos veciños de Santiago”, sinalou.

Deste xeito, o PSOE sinala que a postura que manterán “as persoas que presentan” ao partido no pleno “será decidida conxuntamente entre dirección local e os integrantes do Grupo Municipal Socialista tras as negociacións que se produzan co goberno local e “sempre pensando no interese dos veciños”.

Segundo confirmaron fontes consultadas a Europa Press, o pasado martes xa se produciu un primeiro encontro con mentres do goberno local, encabezado pola alcaldesa, Goretti Sanmartín, na que participaron os dous edís á dirección, Gumersindo Guinarte e Marta Abal, un encontro ao que tamén asistiu o secretario xeral do PSOE local, Aitor Bouza.

POSTURA DA DIRECCIÓN

Precisamente, preguntado este venres en rolda de prensa polo conflito no PSOE de Santiago de Compostela tras a expulsión definitiva do catro concelleiros enfrontados coa dirección, o portavoz da Executiva do PSdeG, Julio Torrado, subliñou que “unha organización é moito máis seria cando ten unhas normas e fai que se cumpran”. “Eu nunca confiaría nunha organización que incumpre as súas normas”, afirmou.

Dito isto, sinalou que as direccións dos partidos están “para tomar decisións” que “non sempre son gratas” pero considerou que “unha organización ten que facerse respectar a si mesma”. “Habendo un criterio e habendo unha normativa, o único posible que pode facer unha dirección cando hai unha discusión sobre o procedemento é que as normas funciones, levando iso onde leve”, sostivo.

Torrado lembrou que a propia militancia do Partido Socialista aproba as normas da formación no congreso e rexeitou que a dirección e o secretario xeral, José Ramón Gómez Besteiro, deban entrar a valorar o proceso tendo en conta que este debe ser “garantista”.

Ademais, preguntado polo feito de que Gonzalo Muíños vaia a continuar no pleno do 27 de febreiro como portavoz do Grupo Municipal ao entender o secretario municipal do Concello de Santiago que a súa expulsión aínda non é firme, Torrado asegurou que el non é “xurista” polo que non ten a formación para entrar a debater cun funcionario pero deixou claro que a formación ten claro quen é o seu portavoz.

“Eu represento ao PSOE e o PSOE ten claro quen fala no seu nome e quen non, porque aplicamos os procedementos e as normativas e temos unha posición política sobre quen nos representa”, afirmou.

ÚLTIMAS

Aberto o prazo para presentar propostas de iluminación da contorna da Catedral de Santiago

O Concello de Santiago abriu un concurso internacional destinado a atopar unha proposta para...

Santiago acolle este xoves a concentración de Enfermeiras e Fisioterapeutas

O Sindicato de Enfermaría (SATSE) convocou este xoves concentracións en hospitais de varios puntos...

O reitor da USC, ante o respaldo de Formoso a Medicina na Coruña, recoñece que o debate necesita de “matices”

O reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Antonio López, asegurou que non se pode...

A USC recorre a decisión da Xunta de non impartir o Máster de Matemáticas o curso que vén

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) recorreu ante a Secretaría Xeral de Universidades...

Reivindicación do labor feito polos edís de Santiago expulsados do PSOE un ano despois

A concelleira non adscrita do Concello de Santiago Mercedes Rosón reivindicou o traballo do...

Guinarte podería ser o candidato á alcaldía do PSOE compostelá

O concelleiro socialista Gumersindo Guinarte non pecha a porta a ser elixido polo seu...

O PSOE decidirá no pleno se apoia reprobar a Formoso por apoiar Medicina na Coruña

O Grupo Socialista de Santiago decidirá no pleno municipal do próximo xoves se apoia a proposición...