InicioPOLÍTICAO Ateneo de Santiago organiza un diálogo sobre o pensamento político de...

O Ateneo de Santiago organiza un diálogo sobre o pensamento político de Castelao

Ramón Villares e Ramón Máiz analizarán a visión do líder galeguista sobre nación e federalismo no exilio

Publicado o

Xornal de Compostela

O Ateneo de Santiago, en colaboración coa Asociación Federalista de Galicia, celebrará o vindeiro luns, 10 de febreiro, ás 19:30 horas, un encontro titulado ‘Castelao. Política no exilio: Nación e Federalismo’. O acto, que terá lugar no salón de actos de Afundación, sito na Rúa do Vilar, 19, reunirá dous destacados expertos no estudo da figura de Castelao e o seu pensamento político: Ramón Villares e Ramón Máiz.

O diálogo insírese na conmemoración do Ano Castelao e pretende afondar no papel do intelectual galeguista durante o seu exilio político, explorando a súa concepción da nación galega e o seu posicionamento sobre o federalismo.

UNHA ANÁLISE SOBRE O LEGADO POLÍTICO

O historiador Ramón Villares Paz, catedrático de Historia Contemporánea e profesor emérito da Universidade de Santiago de Compostela, ofrecerá unha perspectiva baseada na súa ampla traxectoria académica. Villares foi tamén presidente do Consello da Cultura Galega durante doce anos e é membro numerario da Real Academia Galega. No encontro, abordará as principais ideas políticas de Castelao e o seu impacto na historia recente de Galicia.

Pola súa banda, Ramón Máiz Suárez, catedrático de Ciencia Política na USC e presidente da Asociación Federalista de Galicia, analizará a actualidade do pensamento castelaán no contexto político actual. Investigador en áreas como o nacionalismo, o federalismo e a historia institucional, Máiz achegará unha visión comparativa entre a proposta política de Castelao e os debates vixentes sobre a organización territorial do Estado.

ÚLTIMAS

A mocidade no Obradoiro seguirá a acampada: “A dereita traerá máis miseria”

Os mozos acampados pola vivenda na praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, aseguraron...

A mocidade socialista de Compostela convoca unha protesta de urxencia polo adianto electoral

A Coordinadora da Mocidade Socialista (CMS) convocou para este luns unha mobilización de urxencia...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

BNG, Compostela Aberta e PSOE sitúan a vivenda no centro do adianto electoral en Santiago

O BNG, Compostela Aberta e o PSdeG de Santiago reaccionaron este luns ao anuncio...

A Xunta de Goberno dá luz verde ao cambio de uso dunha parcela para construír 36 vivendas públicas en Santiago

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns a ordenación dunha parcela...

O PP cifra en máis de 250 os asistentes á súa III Romaría e Verea chama a intensificar o traballo para as municipais

O PP de Santiago celebrou este sábado a súa III Romaría Popular, unha cita...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here