InicioPOLÍTICAPSOE de Santiago: "En tempos de rifa política, chegar a acordos é...

PSOE de Santiago: “En tempos de rifa política, chegar a acordos é o responsable”

Mellorar equipamentos públicos, reurbanizacións e vivenda: demandas do PSOE de Santiago para pactar os orzamentos

Publicado o

Xornal de Compostela

O grupo municipal do PSOE de Santiago deu a coñecer este sábado as súas demandas para a capital galega no marco das negociacións para os orzamentos de 2025 do Concello que dirixe Goretti Sanmartín (BNG). Nun comunicado, o portavoz socialista no Consistorio, Gonzalo Muíños, defendeu a necesidade de chegar a acordos. “Temos claro que, en tempos de rifa política e crispación, chegar a acordos nos que a cidadanía e o noso municipio sexa o máis importante é o responsable, o útil e o noso traballo como representantes cidadáns”, incidiu.

Fíxoo tras remarcar que a negociación das contas no Consistorio parece “encarar a súa fase final”, dado que a comisión negociadora dos socialistas intercambiou co goberno local as últimas propostas. Entre outras cuestións, os socialistas queren impulsar a licitación do novo complexo deportivo de Santa Marta que “daría servizo á zona sur de Santiago” e para o que, afirman, “deixaron xa un anteproxecto e un estudo económico realizado no pasado mandato”.

Tamén propoñen a renovación doutros equipamentos –como parques infantís–, a tramitación de zona de mercado residencial tensionado nos próximos meses, así como a constitución da nova Emuvissa. Igualmente, reclaman que se realicen dúas convocatorias dos ‘Bonos Corazón’ (do comercio) –-unha na primavera e outra no outono cun fondo de 300.000 euros cada unha– e o impulso das reurbanizacións comprometidas na Rúa García Lorca (Vite) e na Rúa Mallou.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...