InicioPOLÍTICAGoretti lamenta que a taxa turística finalmente sexa unha "recarga municipal" e...

Goretti lamenta que a taxa turística finalmente sexa unha “recarga municipal” e non un imposto

Sanmartín tamén aproveitou as preguntas dos medios para reivindicar a necesidade de avanzar nunha taxa para os excursionistas que visitan Compostela

Publicado o

Xornal de Compostela

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, lamentou este xoves que a taxa turística, que será de voluntaria aplicación por parte dos concellos, finalmente non sexa un imposto senón unha “recarga municipal”. Así o asegurou ante as preguntas dos medios, ademais incidiu en que “non parece moi lóxico” que haxa unha serie de “condicionantes de utilización”, aínda que estes sexan “moi amplos”.

“Aínda que o que están a facer agora os servizos técnicos é estudala, aínda non empezamos a implementación porque entendemos que hai posibilidade de modificar esa proposta como se nos dixo”, reivindicou. Nesta liña, subliñou que “haberá algunha modificación” porque hai unha serie de cuestións que xa “suscitaron dúbidas”. En todo caso, destacou que o Concello asumirá o que lle corresponde, “aínda que hai quen o poña en cuestión”. “Dado que a Xunta non quere facer a súa xestión de recadación directamente a través de Atriga, nós si que o imos a facer, aínda que entendemos que non é a mellor solución”, defendeu.

TAXA A EXCURSIONISTAS

Por outra banda, Sanmartín tamén aproveitou as preguntas dos medios para reivindicar a necesidade de avanzar nunha taxa para os excursionistas que visitan Compostela. Neste sentido, asegurou que é algo “no que se vai avanzar” coa idea de poder desenvolvela ao longo do ano que vén, porque a cidadanía opina que estes visitantes “deixan menos retorno na cidade”, xa que son visitas sen pasar a noite.

ÚLTIMAS

O Compostela encadea a terceira vitoria consecutiva tras impoñerse ao Llanera por 1-3

A SD Compostela sumou este domingo a súa terceira vitoria consecutiva na Liga despois...

Felipe Arias Vilas é elixido presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego

O Museo do Pobo Galego, con sede en Santiago de Compostela, inicia unha nova...

A Xunta recibe 12 ofertas para construír 79 novas vivendas públicas en Ames

A Xunta de Galicia recibiu 12 ofertas de empresas interesadas en executar a construción...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Santiago selecciona a empresa que xestionará a plataforma loxística da Cidade Histórica, que comezará a funcionar a principios de 2027

A alcaldesa de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este venres que a empresa Kibus Distribución...

O PP de Santiago esixe a Sanmartín que condene os disturbios da Coruña e evite un posible boicot á Carreira Pedestre

O concelleiro do Partido Popular de Santiago, José Antonio Constenla, reclamou á alcaldesa de...

Pedro Blanco propón reforzar a atención temperá e ampliar o lecer accesible en Santiago

O candidato do PSOE á Alcaldía de Santiago de Compostela, Pedro Blanco, anunciou que...