InicioPOLÍTICABorja Verea pide ao BNG a reposición dos colectores de lixo na...

Borja Verea pide ao BNG a reposición dos colectores de lixo na Costa do Vedor

O líder do PP en Santiago denuncia que a retirada dos colectores afecta especialmente ás persoas maiores da zona

Publicado o

Xornal de Compostela

O líder do Partido Popular en Santiago, Borja Verea, esixiu ao BNG que recupere o servizo de recollida de lixo e restituír os colectores na rúa Costa do Vedor, unha zona onde, segundo o popular, a veciñanza está a padecer as consecuencias desta decisión “arbitraria e discriminatoria”. Verea sinalou que, especialmente as persoas maiores, ven afectadas por esta medida, que implica desprazarse ata 300 metros costa arriba ou abaixo para depositar o lixo, nunha das rúas de maior pendente da cidade.

O popular remarcou que os veciños “levan cinco meses sen un servizo esencial ao que teñen dereito e polo que pagan impostos”. Segundo explicou, a situación é particularmente complicada para os habitantes de maior idade, aos que esta distancia lles supón “un risco e un esforzo innecesario”.

Verea considerou que a decisión do BNG demostra unha “falta de empatía coa veciñanza” e denunciou que este cambio afecta especialmente ás persoas de “70 e 80 anos que non poden retirar o lixo da súa casa”. Ademais, subliñou que a situación supón potenciais riscos de salubridade debido á dificultade que teñen algúns residentes para desfacerse dos residuos regularmente.

Finalmente, Verea cuestionou a falta de alternativas para estas persoas, pedindo ao BNG que rectifique e devolva os colectores de lixo á rúa Costa do Vedor para garantir o acceso ao servizo a toda a veciñanza.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here