InicioPOLÍTICAO PP denuncia o cambio de localización dos colectores no rural compostelán...

O PP denuncia o cambio de localización dos colectores no rural compostelán sen consultar coa veciñanza

Adrián Villa critica ao BNG por realizar os traslados en pleno verán e esixe que se devolvan os colectores ao seu lugar orixinal

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago de Compostela, a través do seu concelleiro Adrián Villa, criticou a decisión do BNG de cambiar a localización de varios colectores de lixo nas parroquias do rural durante os meses de verán. Segundo Villa, estes cambios realizáronse ‘con nocturnidade e ás costas da veciñanza’, xa que foron levados a cabo no mes de agosto sen informar previamente aos residentes afectados.

Un dos núcleos máis prexudicados por esta medida foi o de Casal, na parroquia de Laraño, onde Villa mantivo unha reunión coa veciñanza. Durante o encontro, o edil popular destacou que os cambios foron feitos sen diálogo nin consenso, e cualificou a decisión do goberno local como unha mostra ‘da forma ditatorial de gobernar dos nacionalistas’. Segundo Villa, o problema inicial estaba relacionado coa presenza dun vertedoiro ilegal de voluminosos, pero considera que a solución non pasa por cambiar os colectores de sitio, senón por mellorar a vixilancia e sancionar as condutas incívicas.

Villa denunciou tamén que dous dos colectores foron colocados ao lado dunha marquesiña de autobús, o que obstaculiza tanto o estacionamento do transporte público como o tráfico na zona, creando unha situación de perigo para peóns e vehículos.

O concelleiro ironizou coa situación, afirmando que os colectores ‘teñen vida propia’, xa que as súas localizacións foron modificadas varias veces sen previo aviso nin consulta coa veciñanza. Villa reclamou que o BNG devolva os colectores ao seu emprazamento orixinal, como xa solicitaron por escrito, e que se instalen carteis para advertir sobre as sancións por verter residuos voluminosos ilegalmente, ademais de reforzar a vixilancia.

O edil popular engadiu que este non é un caso illado, senón que máis parroquias do rural compostelán sufriron cambios nos seus colectores sen que os veciños fosen informados, algo que considera ‘inxustificado’.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

O PP denuncia que a Policía Local traballou con seis axentes nalgúns días do verán

O Partido Popular de Santiago denunciou a situación dos efectivos da Policía Local durante...

Sanmartín prevé asinar o novo contrato dos autobuses en setembro e poñer o servizo en marcha este outono

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, situou para finais da próxima semana ou comezos...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here