InicioMOV. SOCIAISO PP de Santiago reclama ao BNG e PSOE unha condena ao...

O PP de Santiago reclama ao BNG e PSOE unha condena ao réxime de Maduro nunha manifestación no Obradoiro

Os populares piden aos grupos municipais que se posicionen do lado da democracia e apoien aos venezolanos residentes en Galicia

Publicado o

Xornal de Compostela

O Partido Popular de Santiago participou esta tarde na manifestación Mundial en apoio a Venezuela, que tivo lugar na Praza do Obradoiro, para esixir unha postura clara dos grupos municipais nacionalistas e socialistas ante a situación que vive o país sudamericano. Durante o acto, o PP instou a BNG, Compostela Aberta e PSOE a condenar a situación política en Venezuela, calificándoa de ditadura. “Tanto o BNG, como Compostela Aberta e o PSOE teñen que chamarlle ao que está a pasar en Venezuela polo seu nome: unha ditadura, a ditadura de Nicolás Maduro”, declararon fontes populares.

O portavoz popular, Adrián Villa, xa defendera esta postura no pasado Pleno municipal, onde instou aos grupos municipais a condenar o réxime de Maduro. Ademais, pediu que se axilizase a tramitación de medidas de atención social aos venezolanos que están chegando a Santiago, ante o aumento das solicitudes de axuda por parte deste colectivo.

A manifestación contou cunha ampla representación de veciños de Santiago, que quixeron visibilizar o apoio aos máis de 30.000 galegos e galegas que residen actualmente en Venezuela. Segundo o PP, a crise política e social que atravesa o país, agudizada tras o último proceso electoral de xullo, é unha “grave ameaza para a liberdade democrática”, un feito que consideran que debería recibir unha condena unánime dos partidos políticos en Santiago.

Durante a súa intervención, Villa cualificou de “covardes” aos nacionalistas pola súa decisión de non defender publicamente a súa postura durante a moción municipal, ao non participar activamente no debate sobre Venezuela. O PP reiterou a necesidade de que todas as forzas políticas se posicionen en favor da democracia e dos dereitos humanos no país latinoamericano.

ÚLTIMAS

Manuel César renuncia como concelleiro de Santiago por motivos persoais e familiares e será substituído por Saleta Chao

O concelleiro de Facenda, Persoal, Contratación e Modernización da Administración Electrónica de Santiago de...

O PSOE de Santiago levará ao pleno de outubro as barreiras arquitectónicas no acceso ás vivendas públicas de Conxo

O Grupo Municipal Socialista de Santiago de Compostela presentará no pleno ordinario de outubro...

A Asociación de Xornalistas de Galicia concede o Premio Diego Bernal 2027 ao catedrático da USC Xosé López García

A Asociación de Xornalistas de Galicia (APG) decidiu conceder o Premio Diego Bernal 2027...

A criminalidade baixa un 2,3% en Santiago, con descensos nos delitos convencionais e na ciberdelincuencia

A criminalidade baixou un 2,3% en Santiago durante o primeiro semestre de 2026 respecto...

Unha concentración no Obradoiro denuncia a discriminación das persoas migrantes no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acolleu este luns, 12 de outubro,...

O persoal do comercio de alimentación maniféstase en Santiago para reclamar melloras laborais e salariais

As rúas de Santiago acolleron este sábado unha manifestación de traballadores e traballadoras do...

O colectivo de persoas racializadas da acampada do Obradoiro convoca unha concentración contra o racismo no acceso á vivenda

A Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela acollerá este luns 12 de outubro...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here