InicioMOV. SOCIAISO BNG de Ames pide á Xunta melloras no persoal e transporte...

O BNG de Ames pide á Xunta melloras no persoal e transporte escolar

A moción esixe o cumprimento das ratios máximas e a dotación de autobuses suficientes para o CEIP de Ventín

Publicado o

Xornal de Compostela

O BNG de Ames presentou unha moción instando á Xunta de Galicia a cumprir de inmediato coas ratios máximas establecidas na Resolución do 10 de xaneiro de 2024, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos. O grupo municipal demanda que os centros educativos conten co persoal de apoio e especialistas necesarios para garantir unha integración total do alumnado con necesidades especiais.

No caso concreto do CEIP de Ventín, o BNG esixe que se fornezan autobuses suficientes para o servizo de transporte escolar, evitando que haxa desdobres nas liñas, o que afecta o servizo prestado aos estudantes.

A voceira do BNG, Escarlata Pampín, destacou que “atopámonos ante un novo curso escolar de rebaixas por parte da Consellería de Educación que non imos permitir”. Pampín subliñou que o BNG está a apoiar as mobilizacións das ANPAS, profesorado e alumnado, ademais de levar esta problemática ao pleno municipal e ao Parlamento Galego.

Segundo anunciou Pampín, a deputada nacionalista Cristina Fernández visitará Ames este xoves para avaliar a situación e trasladar as demandas ao goberno da Xunta. Pampín reiterou o compromiso do BNG coa defensa dunha educación pública e de calidade para todo o alumnado.

ÚLTIMAS

Sanmartín acusa a Xunta de obstaculizar a zona tensionada e reclama máis datos para avaliar os seus efectos

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, cuestionou este venres a actuación da...

A alcaldesa lamenta a morte de Beiras e chama a divulgar o seu legado entre as novas xeracións

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, expresou este venres o seu pesar...

Mercedes Rosón e as non adscritas apoian a oposición veciñal ao parque empresarial de Lavacolla

As concelleiras e o concelleiro non adscritos do Concello de Santiago, Mercedes Rosón, Mila...

Santiago concederá case 2.000 bolsas de comedor, material escolar e actividades extraescolares, 145 máis que o curso pasado

O Concello de Santiago de Compostela prevé conceder un total de 1.989 bolsas de...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O PSOE de Santiago solicita un minuto de silencio pola morte de Maricarmen Abascal

O Grupo Municipal Socialista de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a convocatoria dun...

A acampada pola vivenda no Obradoiro pide pesas, palés e vigas para reforzar as súas estruturas

As persoas que permanecen acampadas na Praza do Obradoiro para protestar pola crise da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here