InicioMOV. SOCIAISO veciños de San Lourenzo volven criticar o Concello ante a posible...

O veciños de San Lourenzo volven criticar o Concello ante a posible reapertura da Sala Malatesta

A Asociación Río Sarela denuncia que o ocio nocturno predomina sobre os intereses residenciais

Publicado o

Xornal de Compostela

O presidente da Asociación de Veciños Río Sarela, Joan Brokenbrow, expresou a súa preocupación e malestar ante a posible reapertura da sala Malatesta. Segundo Brokenbrow, os residentes do barrio de San Lourenzo están “nerviosos” porque prevén que a sala provocará un aumento das molestias nocturnas, reducendo o descanso a “só tres días á semana”, como asegura que viña pasando antes de que se pechase.

Brokenbrow criticou duramente á alcaldesa Goretti Sanmartín por, segundo el, priorizar o ocio nocturno sobre as necesidades dos habitantes da cidade. Indicou que “non é a cidade que lles prometía” e sorprendeulle a declaración da rexedora sobre a supervisión das obras que debe realizar a sala, afirmando que a propiedade ten que cumplir coas esixencias do Concello antes da súa apertura.

O líder veciñal tamén destacou que, a pesar das medidas de insonorización que se poidan tomar, “a rapazada seguirá montando follón no exterior”. Enfatizou que as vibracións, máis que o ruído, representan o verdadeiro problema para os veciños e invitou á alcaldesa a “pasar unha fin de semana no barrio” para comprobar de primeira man as queixas.

A Asociación de Veciños de San Lourenzo sostén asemade que establecementos de ocio nocturno como a sala Malatesta non deberían ubicarse en áreas residenciais. Brokenbrow propuxo seguir o exemplo  de casos como o de Portugal, onde estes locais se localizan en zonas industriais, afastados das áreas habitacionais.

ÚLTIMAS

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

“Traballaba as 24 horas”: unha muller relata como foi traída desde Colombia e obrigada a prostituírse

A sección sexta da Audiencia Provincial da Coruña, con sede en Santiago, acolleu este...

A néboa e o vento obrigan a desviar sete voos con destino a Santiago

As condicións meteorolóxicas complicaron este martes pola tarde a operativa do aeroporto de Santiago-Rosalía...

Pacientes do CHUS denuncian un “colapso” permanente nos accesos ao Clínico

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o “colapso” permanente dos accesos...

A CIG anuncia mobilizacións contra Monbus e reclama a readmisión dun traballador despedido tras a folga en Santiago

A CIG anunciou novas mobilizacións e accións penais contra o grupo Monbus para reclamar...

O persoal de limpeza e conserxaría de Santiago suspende a folga tras lograr avances con Lacera

A CIG informa de que o persoal de limpeza e conserxaría dos colexios e...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here