InicioMOV. SOCIAISA Asociación de Pacientes denuncia un abandono asistencial no CHUS a un...

A Asociación de Pacientes denuncia un abandono asistencial no CHUS a un paciente con cancro en remisión

O paciente sofre atrasos e complicacións na retirada dunha placa metálica, excedendo os prazos máximos de espera

Publicado o

Xornal de Compostela

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS fixo público o testemuño de V.M.A.P., un paciente en remisión de cancro de lingua que enfrenta serios problemas de atención médica. Segundo o relato do afectado, leva meses agardando a retirada dunha placa metálica de contención facial que lle está causando infeccións e moita dor.

V.M.A.P., que ten unha sonda nasogástrica e unha traqueotomía, está na lista de espera estrutural con prioridade 3 desde o 22 de novembro de 2023. A pesar de ter a cirurxía programada, esta tivo que ser suspensa no último momento debido a unha falla na coordinación médica relativa á medicación anticoagulante que toma debido a un ictus anterior.

A espera prolongada e a falta de dispoñibilidade de quirófano agravan a súa situación, levando a un retraso de 55 días sobre o prazo máximo de espera establecido, que é de 180 días naturais segundo a Orde do 19 de maio do 2003. A asociación critica a xestión do SERGAS e do CHUS, que considera responsable do deterioro físico e moral que V.M.A.P. está a sufrir.

ÚLTIMAS

Ernest Urtasun reivindica os investimentos culturais en Galicia e carga contra Feijóo e o PSOE

O candidato de Fronte Ampla, Paulo Carlos López, anunciou este luns en Santiago de...

Santiago multiplica os visados para construír vivendas: un crecemento do 405 % en nove meses

O visado de novas vivendas para construír en Santiago de Compostela disparouse un 405...

Santiago queda sen oito novas rutas aéreas a só dúas semanas da súa estrea: Flyyo non operará os voos comercializados por Fly2Galicia

A turoperadora Fly2Galicia anunciou a contratación da aeroliña portuguesa White Airways para operar, a...

Santiago pecha os parques municipais dende as 14:00 polo aviso amarelo por vento

Os parques municipais de Santiago de Compostela quedan pechados desde as 14:00 deste luns...

A acampada pola vivenda comeza a desmontarse no Obradoiro

A acampada pola vivenda de Santiago de Compostela iniciou a recollida e reorganización do...

Denuncian no Obradoiro que a Policía acurralou e golpeou manifestantes tras a marcha do 11N

Unha trintena de persoas concentrouse este sábado na praza do Obradoiro, en Santiago de...

Un paciente denuncia a saturación das Urxencias do CHUS con 20 persoas nos corredores

Un paciente do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) denunciou que 20 persoas ocupaban...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here