InicioMOV. SOCIAISA veciñanza de Santa Marta reclama accións urxentes contra a venda de...

A veciñanza de Santa Marta reclama accións urxentes contra a venda de drogas no barrio

A asociación veciñal pide maior implicación das autoridades para abordar un problema crecente de inseguridade e saúde pública

Publicado o

Por David M. Sobrino Platas

A veciñanza do barrio de Santa Marta, preocupada pola situación de inseguridade xerada pola existencia de puntos de venda de drogas, reclamou o compromiso urxente do goberno municipal, a comisaría de policía e outras administracións públicas para abordar esta problemática. Nunha asemblea veciñal celebrada este martes 21, os residentes debateron sobre as consecuencias negativas que a venda de drogas está a ter no barrio, destacando non só os riscos directos para a seguridade senón tamén o impacto social que require unha resposta coordinada.

Os asistentes á reunión destacaron a importancia de entender este problema como unha cuestión social que esixe unha actuación dos servizos sociais adaptada á realidade actual. A preocupación tamén se centra na proliferación de xiringas en lugares públicos sensibles como parques infantís e a presenza de consumidores nas rúas próximas ao Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, o que subliña a urxencia de medidas efectivas.

Durante a asemblea, decidiuse reiterar a petición de reunións co comisario de Policía Nacional de Santiago, co concello e con outras administracións involucradas. Tamén se acordou solicitar un aumento da presenza policial no barrio e melloras na iluminación en puntos críticos para mellorar a seguridade. Ademais, a asociación veciñal quere involucrar a xerencia da área sanitaria de Santiago e a USC na busca de solucións conxuntas a este problema de saúde e seguridade pública.

Os veciños e veciñas de Santa Marta expresaron a súa intención de mobilizarse se non se toman medidas eficaces. Confían en recibir unha resposta adecuada das autoridades para resolver de forma definitiva esta problemática que afecta tanto á seguridade como ao benestar social do barrio.

ÚLTIMAS

Santiago homenaxea a Borja Iglesias tras proclamarse campión do mundo coa Selección Española

O futbolista Borja Iglesias regresou este luns á súa cidade natal como campión do...

Patadas na cabeza, unha navalla e ameazas previas: investigan dúas agresións nas festas de Conxo

Familias e amigos de dous mozos denunciaron por distintas vías que ambos tiveron que...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

O Concello contratará un préstamo de 2,97 millóns e abre 90.000 euros en axudas para asociacións veciñais

A Xunta de Goberno Local de Santiago aprobou este luns o expediente para contratar...

Educación fixa servizos mínimos nos colexios de Santiago pola folga do persoal de Lacera

A Consellería de Educación publica este luns no Diario Oficial de Galicia os servizos...

A USC contará cunha Cátedra de Memoria Democrática da man do Ministerio de Política Territorial e Memoria

O secretario de Estado de Memoria Democrática, Fernando Martínez, e a reitora da Universidade...

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here