InicioMOV. SOCIAISMiles de manifestantes reclaman en Santiago a "fin do xenocidio en Palestina"...

Miles de manifestantes reclaman en Santiago a “fin do xenocidio en Palestina” e a “imposición de sancións” a Israel

Publicado o

Xornal de Compostela

Milleiros de manifestantes reclamaron en Santiago de Compostela a “fin do xenocidio en Palestina” e a “imposición de sancións” a Israel. “Do río ata o mar Palestina vencerá“, enfatizaron. A marcha, convocada pola plataforma Galiza pola Paz e a asociación Galiza por Palestina baixo o lema “Galiza con Palestina. Resistencia, liberdade e paz”, contou co apoio de máis de 60 entidades. Así mesmo, sumáronse a ela o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, e a alcaldesa compostelá, Goretti Sanmartín.

As manifestantes e os manifestantes saíron ás 12.00 horas da Alameda e percorreron o casco vello da localidade, con destino á Praza de Praterías, onde tivo lugar a lectura dun manifesto. Ao longo da marcha berraron diferentes consignas como “Do río ata o mar Palestina vencerá” e “Onde están que non se ven, as sancións a Israel”. En declaracións aos medios, a voceira de Galicia por Palestina, Ánxela Gippini, puxo o foco no “silencio mediático sobre o que está a acontecer en Gaza”, onde o “xenocidio continúa”.

“Vai facer un ano da presentación do plan de paz, que sabemos que foi un falso plan de paz presentado para desactivar a mobilización global. En Galicia denunciamos que non se fixo máis que asfixiar, continuar co asasinato de palestinos, non só en Gaza, senón en toda Palestina”, denunciou Gippini. Pola súa banda, o voceiro da plataforma Galiza pola Paz, Rafa Vilar, salientou a asistencia multitudinaria que “demostra unha vez máis a histórica posición do pobo galego ao lado do pobo palestino, que continúa loitando pola paz e pola súa liberdade”.

“A causa palestina é a causa da humanidade. A sociedade galega leva tempo demostrando que está no lado correcto da historia manifestándose a favor de Palestina”, afirmou.

APOIO DO BNG

Uns momentos antes de comezar a marcha, o deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, insistiu perante os medios en que “non hai que deixar de falar de Palestina” e chamou a “seguir denunciando o xenocidio” cometido por Israel. Ademais, reafirmou o apoio da formación a esta mobilización “absolutamente necesaria”. “Hai que seguir reclamando que os criminais como Netanyahu paguen perante a Corte Penal Internacional. É realmente incomprensible que a chamada comunidade internacional e a Unión Europea non só non fagan nada, senón que sexan cómplices”, enfatizou.

ÚLTIMAS

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

Goretti Sanmartín proporá conceder a Medalla de Ouro de Santiago a Xosé Manuel Beiras a título póstumo

A alcaldesa de Santiago de Compostela, Goretti Sanmartín, anunciou este xoves que promoverá a...

Anne Carson gaña o Nobel de Literatura 2026, unha autora que levou o Camiño de Santiago á súa obra

A escritora canadense Anne Carson foi distinguida co Premio Nobel de Literatura 2026, segundo...

Licitadas por case 870.000 euros as obras para mellorar a climatización do centros de saúde de Concepción Arenal e do Milladoiro

A Xunta de Galicia licitou por un importe conxunto de 869.966,67 euros os contratos...

“A morte de Maricarmen é un asasinato da violencia rentista”, din os acampados en Compostela

As persoas mozas acampadas na Praza do Obradoiro, en Santiago de Compostela, atribúen á...

O PSOE de Santiago solicita un minuto de silencio pola morte de Maricarmen Abascal

O Grupo Municipal Socialista de Santiago solicitou á alcaldesa, Goretti Sanmartín, a convocatoria dun...

A acampada pola vivenda no Obradoiro pide pesas, palés e vigas para reforzar as súas estruturas

As persoas que permanecen acampadas na Praza do Obradoiro para protestar pola crise da...