InicioMOV. SOCIAISCompostela Accesible lanza unha campaña para denunciar barreiras arquitectónicas en Santiago

Compostela Accesible lanza unha campaña para denunciar barreiras arquitectónicas en Santiago

A iniciativa 'Entra se podes' anima a veciñanza a fotografar obstáculos á mobilidade e chama á colaboración do comercio local

Publicado o

Xornal de Compostela

A Plataforma Compostela Accesible, detrás da que está o partido político UCIN, puxo en marcha a campaña ‘Entra se podes’, unha iniciativa coa que busca visibilizar as barreiras arquitectónicas que aínda dificultan o acceso a espazos públicos, comercios e servizos na cidade de Santiago.

A campaña parte dunha mensaxe directa, “Entra se podes”, coa que a entidade pretende chamar a atención sobre situacións cotiás que poden pasar inadvertidas para unha parte da poboación, pero que condicionan o día a día das persoas con mobilidade reducida. Entre elas, a plataforma sinala a existencia de chanzos, portas estreitas ou a falta de ramplas como exemplos de elementos que poden impedir a entrada nun establecemento, nun edificio público ou nun servizo básico.

Compostela Accesible lembra que estas dificultades afectan non só ás persoas que utilizan cadeira de rodas, senón tamén a quen se despraza con muletas, andadores, carriños de bebé ou presenta calquera tipo de limitación de mobilidade. Por iso, a campaña quere poñer o foco na necesidade de avanzar cara a unha cidade na que a accesibilidade sexa tida en conta de maneira transversal.

A iniciativa inclúe un chamamento á participación cidadá. A plataforma anima a veciños e veciñas a fotografar barreiras arquitectónicas e compartilas nas redes sociais co cancelo #EntraSePodes, etiquetando a Compostela Accesible. Segundo a entidade, o obxectivo é denunciar estas situacións de maneira responsable e contribuír a xerar conciencia sobre unha realidade que segue presente en distintos puntos da cidade.

A campaña tamén se dirixe ao comercio local, ao que Compostela Accesible convida a sumarse á iniciativa e a solicitar información sobre posibles melloras en materia de accesibilidade. Os establecementos interesados poden contactar coa plataforma a través dos teléfonos 602 357 315 e 881 300 142, no correo electrónico plataformacompostelaaccesible@gmail.com ou mediante as redes sociais @compostelaaccesible.

A entidade subliña que a campaña non pretende sinalar nin culpabilizar a ningún comercio, institución ou espazo concreto, senón favorecer a colaboración entre administracións, empresas e cidadanía. Nesa liña, defende que a eliminación de barreiras debe abordarse como unha responsabilidade compartida e como unha condición necesaria para garantir a igualdade de oportunidades.

Desde Compostela Accesible inciden en que a accesibilidade universal non debe entenderse como unha opción ou unha mellora secundaria, senón como un dereito recoñecido pola normativa vixente. A plataforma vincula esta cuestión coa inclusión, a autonomía persoal e a dignidade das persoas que atopan dificultades para moverse pola cidade ou acceder a determinados servizos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here