InicioMOV. SOCIAISO Consello do Estudantado da USC condena a agresión homófoba en Santiago...

O Consello do Estudantado da USC condena a agresión homófoba en Santiago e reclama unha resposta colectiva fronte ao odio

O órgano estudantil expresa o seu apoio ás vítimas da agresión denunciada na zona vella e alerta sobre a repetición de episodios de violencia e discriminación na cidade

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello do Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela fixo pública a súa condena pola agresión homófoba denunciada por dous mozos o pasado 12 de maio en Santiago de Compostela, uns feitos difundidos a través das redes sociais e que, segundo o relato das vítimas, tiveron lugar mentres camiñaban pola zona vella da cidade.

Segundo trasladou o órgano de representación estudantil, os afectados foron increpados con insultos homófobos, ameazas e unha posterior agresión física que acabou causando lesións a un dos mozos. O Consello cualificou o sucedido como “absolutamente intolerable” e advertiu de que este tipo de violencias non poden ser “minimizadas nin normalizadas baixo ningún concepto”.

Na súa declaración, o estudantado da USC subliña que o caso non debe interpretarse como un episodio illado, senón como parte dunha realidade máis ampla. Neste sentido, lembra que nos últimos meses tamén trascenderon publicamente en Santiago outras denuncias vinculadas a comportamentos violentos, acoso a mulleres e actitudes discriminatorias, unha reiteración que, ao seu xuízo, require “unha resposta social clara, contundente e colectiva”.

Desde o Consello considérase especialmente grave que este tipo de situacións continúen producíndose nunha cidade universitaria como Compostela, que sinalan debe ser “exemplo de convivencia, diversidade e respecto”. A entidade incidiu en que ningunha persoa debería sentir medo pola súa orientación sexual, identidade ou forma de expresarse.

O comunicado serve tamén para reafirmar o compromiso do órgano estudantil coa defensa dos dereitos do colectivo LGBTIQ+ e coa creación de espazos seguros tanto dentro como fóra da universidade. “A homofobia, a transfobia ou calquera forma de discriminación non teñen cabida nin na nosa institución nin na nosa sociedade”, sostén o texto.

Ademais de trasladar a súa solidariedade ás persoas agredidas, o Consello do Estudantado puxo en valor a importancia de facer públicas estas situacións, ao considerar que visibilizar as agresións resulta fundamental para combater a súa normalización e frear os discursos de odio. A entidade chama así a reforzar o compromiso colectivo coa diversidade e a convivencia nun contexto que considera preocupante para a cidade.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here