InicioMOV. SOCIAISAs Non Adscritas reclaman investigar “con celeridade” a denuncia dunha agresión homófoba...

As Non Adscritas reclaman investigar “con celeridade” a denuncia dunha agresión homófoba no casco histórico

O grupo traslada o seu apoio ás vítimas e pide unha resposta institucional “contundente” ante uns feitos denunciados nas redes sociais que terían deixado unha persoa ferida

Publicado o

Xornal de Compostela

As concelleiras Non Adscritas de Santiago de Compostela reclamaron este mércores que se esclareza “con celeridade” a denuncia dunha presunta agresión homófoba ocorrida na zona da cidade vella, despois de que unha das vítimas fixese públicos os feitos a través das redes sociais.

Segundo o relato difundido, as persoas afectadas terían sufrido insultos como “bujarras de mierda” ou “maricóns” antes de producirse unha agresión física na que unha delas resultou ferida cun corte na cara.

Ante a gravidade da denuncia, Mercedes Rosón, Gonzalo Muíños, Mila Castro e Marta Álvarez trasladaron, a través do seu portavoz, “toda a solidariedade e apoio ás vítimas destas agresións homófobas” e subliñaron que episodios deste tipo “non representan á veciñanza nin ao modelo de cidade que somos e aspiramos a seguir sendo”.

“Compostela sempre foi unha cidade aberta, diversa e orgullosa da convivencia en liberdade”, sinalou Gonzalo Muíños, quen advertiu da necesidade de actuar con firmeza fronte a calquera manifestación de odio ou discriminación.

O portavoz das edís non adscritas pediu unha resposta decidida por parte das institucións e apelou tamén á responsabilidade colectiva para facer fronte á intolerancia. “As rúas de Compostela deben seguir sendo espazos seguros, libres de odio e discriminación. Debemos poñer pé en parede fronte á intolerancia e ofrecer respostas contundentes desde as institucións ante feitos coma estes”, afirmou.

Muíños reiterou ademais o compromiso do grupo coa defensa da diversidade, da igualdade e das liberdades individuais, incidindo en que estes principios forman parte esencial da convivencia democrática en Santiago. Mentres continúan as demandas de esclarecemento, as concelleiras solicitaron que se depuren responsabilidades unha vez se coñezan con precisión as circunstancias do sucedido.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here