InicioMOV. SOCIAISErguer convoca unha concentración en Dereito contra os novos horarios da Facultade

Erguer convoca unha concentración en Dereito contra os novos horarios da Facultade

O sindicato estudantil chama á mobilización este mércores ás 12:00 diante da Facultade de Dereito da USC tras denunciar que o novo modelo foi imposto sen atender ao rexeitamento do alumnado

Publicado o

Xornal de Compostela

O sindicato estudantil Erguer convocou para este mércores 6 de maio ás 12:00 unha concentración diante da Facultade de Dereito da USC para protestar contra a implantación dos novos horarios do grao, aprobados recentemente na Xunta de Facultade.

A mobilización chega despois de varias semanas de contestación por parte do alumnado tras coñecerse a modificación organizativa prevista para o vindeiro curso académico. O cambio supón abandonar o actual sistema de clases de 1 hora e 15 minutos para pasar a un formato de dúas sesións consecutivas de 50 minutos da mesma materia, separadas por un descanso intermedio de 10 minutos.

Segundo expón Erguer, a oposición estudantil á proposta foi manifesta desde a súa publicación, tanto a través de comentarios nas aulas como mediante consultas e enquisas entre o alumnado. A organización considera que, malia ese rexeitamento, a medida saíu adiante grazas á maioría do profesorado e da representación institucional no órgano decisorio.

Neste contexto, o sindicato denuncia unha “falta de representación” das estudantes no proceso e sostén que a aprobación evidencia unha dinámica na que a posición maioritaria do alumnado non resulta determinante nas decisións que afectan á súa vida académica diaria.

Antes da concentración, Erguer xa promovera unha asemblea aberta entre o estudantado da Facultade de Dereito para abordar a situación e coordinar unha resposta colectiva fronte a unha reforma que consideran prexudicial. A organización enmarca esta convocatoria como unha acción de protesta ante o que define como unha “inxustiza” e unha mostra de ausencia de participación real do alumnado nos espazos institucionais da facultade.

ÚLTIMAS

Santiago avanza na prohibición das tendas de recordos no casco histórico e permitirá novas residencias universitarias

O Concello de Santiago de Compostela deu un novo paso na reforma das normas...

Falece en Santiago o escritor e investigador Xaquín del Valle-Inclán aos 73 anos

O escritor, profesor e investigador Xaquín María del Valle-Inclán Alsina faleceu este luns, 9...

Santa Marta pide aos socialistas mellorar os accesos ao Clínico ante a ampliación do hospital

A ampliación do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) centrou boa parte da reunión...

Goretti Sanmartín fará folga o 11 de novembro e suspenderá a súa axenda pública como alcaldesa de Santiago

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, confirmou que secundará a folga convocada para o...

Santiago interpela os homes coa campaña ‘Faite un home’ para promover novas masculinidades contra a violencia machista

O Concello de Santiago puxo en marcha a segunda fase de 'Faite un home',...

A CNT acusa o PP de Santiago de intentar provocar incidentes durante unha manifestación pola vivenda

A CNT de Compostela respondeu ás acusacións do Partido Popular de Santiago polos incidentes...

O PP de Santiago denuncia “insultos” de manifestantes da CNT durante unha actividade informativa en Carreira do Conde

O Partido Popular de Santiago denunciou este venres un incidente con participantes nunha manifestación...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here