InicioSOCIEDADECIG-Saúde acusa a área de Santiago de adiantar a apertura dos PAC...

CIG-Saúde acusa a área de Santiago de adiantar a apertura dos PAC os sábados e denuncia o peche de centros de saúde

O sindicato sostén que a medida entrará en vigor este 4 de abril, malia que o Sergas a situara para o 1 de xuño, e alerta do malestar do persoal e da centralización da asistencia en varios concellos da área sanitaria

Publicado o

Xornal de Compostela

CIG-Saúde denunciou que a área sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza porá en marcha este próximo 4 de abril o decreto que permite a apertura de puntos de atención continuada (PAC) os sábados pola mañá, a pesar de tratarse, segundo o sindicato, dunha medida que fora posposta polo Sergas. A central sindical lembra que esta decisión xerou un “profundo malestar” entre o persoal dos PAC, algo que, segundo apunta, quedou evidenciado na concentración do pasado venres 27 de marzo diante da Consellería de Sanidade.

Segundo denuncia CIG-Saúde, a modificación do decreto aínda non foi publicada oficialmente e permanece unicamente no Portal de Transparencia. Precisamente na mesa sectorial do 27 de marzo, a Secretaría Xeral Técnica asegurara que a medida non entraría en vigor ata o 1 de xuño. A pesar diso, alerta o sindicato, a área compostelá decidiu “adiantarse”, o que implicará que os centros de saúde que ata agora mantiñan actividade os sábados pola mañá —e que non pertencen ao ámbito PAC— pecharán, centralizando a atención nos PAC de referencia.

Así, indican, concellos como Carnota, Outes, Teo, Concepción Arenal, Oroso, Porto do Son ou Mazaricos verán pechados os seus centros nesas franxas, derivando toda a asistencia aos PAC correspondentes. CIG-Saúde critica ademais que todo isto se fixese “sen ningún tipo de comunicación previa á representación dos traballadores”. “Entendemos que debería ser informada antes da toma e aplicación dunha decisión desta relevancia”, lamenta o sindicato.

ÚLTIMAS

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

O XV Encontro Artes pola Integración arranca en Santiago con danza contemporánea no Teatro Principal

O Teatro Principal de Santiago abrirá o vindeiro martes, 15 de setembro, a programación...

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...