InicioPOLÍTICAO Sergas nega o "colapso" en Urxencias do CHUS a pesar do...

O Sergas nega o “colapso” en Urxencias do CHUS a pesar do “aumento sostido” da demanda

A dirección de Asistencia Sanitaria cifra en 471 os pacientes diarios atendidos en Santiago durante o pasado ano

Publicado o

Xornal de Compostela

O director xeral de Asistencia Sanitaria do Servizo Galego de Saúde, Alfredo Silva, recoñeceu que o servizo de Urxencias do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) sufre un “aumento sostido” da demanda, pero rexeitou falar de “colapso“. Así se expresou este xoves ante a Comisión 5ª de Sanidade do Parlamento, onde remarcou que nos hospitais públicos galegos “hai planificación, resposta e capacidade de adaptación” ante momentos de “especial presión asistencial”.

Silva informou de que no CHUS, en 2025, atendéronse 171.853 urxencias, cunha media diaria de 471 pacientes, na liña dos anos previos. No ano 2024, a media era de 466 e no 2023 de 458, o que, sinalou, “reflicte un incremento moderado e progresivo da actividade“. No caso das urxencias ingresadas, tanto no pasado ano como no 2024, a cifra é de ao redor de 23.100 pacientes e a presión de urxencias mantense estable, na contorna do 59%, tamén en valores similares aos exercicios anteriores.

“Todos os datos indican que non hai un problema estrutural, senón un incremento sostido da demanda que é común a todos os sistemas sanitarios, unha demanda ante a que a resposta do Sergas está protocolizada“, aseverou o director xeral. Nesta liña, insistiu en que o sistema sanitario público galego “planifica e programa” actuacións para dar resposta ás “potenciais fluctuacións” na demanda asistencial.

Pola súa banda, o deputado socialista Aitor Bouza retrucou que o “colapso” é algo “tan puntual” que se “repite” todos os meses. Ante este “colapso estrutural” do sistema, Bouza solicitou a dimisión do xerente da área sanitaria de Santiago, dada a súa “incapacidade na xestión”.

ÚLTIMAS

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

Santiago realiza un simulacro de accidente con catro feridos e un vehículo incendiado no túnel do Hórreo

O túnel do Hórreo foi escenario este martes, 27 de outubro, dun simulacro de accidente...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...