InicioMOV. SOCIAISO Foro Galego de Inmigración celebra en Santiago o inicio da regularización...

O Foro Galego de Inmigración celebra en Santiago o inicio da regularización de persoas migrantes tras a ILP con máis de 700.000 sinaturas

A xornada desenvolveuse no Centro Sociocultural de Fontiñas con faladoiros, comida comunitaria e unha cea intercultural coincidindo co Ramadán

Publicado o

Xornal de Compostela

O Foro Galego de Inmigración reuniuse este sábado en Santiago de Compostela, no Centro Sociocultural de Fontiñas, para conmemorar a posta en marcha do proceso de regularización de persoas migrantes en todo o Estado. A convocatoria tivo como obxectivo facer balance do camiño percorrido ata a aprobación da iniciativa e reforzar o compromiso das entidades implicadas na súa defensa.

A programación incluíu un faladoiro coa portavoz da plataforma ‘Movemento Regularización Xa’, Edith Espínola, no que se abordaron as claves da Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que sustentou o proceso. A entidade organizadora cualificou a medida como “o resultado de anos de organización social e de democracia participativa”, subliñando o traballo colectivo desenvolvido nos últimos anos.

Segundo lembrou o Foro, a organización estivo entre as dez entidades que máis sinaturas recolleron para impulsar a ILP en apoio á regularización extraordinaria. A iniciativa superou as 700.000 firmas, unha cifra que, segundo indicaron, a converte nunha das propostas lexislativas cidadás con maior respaldo rexistrado.

Ao longo da xornada tamén se celebrou unha comida comunitaria aberta ás persoas asistentes e está prevista unha cea intercultural ás 19:30, dirixida especialmente ás persoas que están a celebrar o Ramadán. A convocatoria pretendeu combinar espazos de reflexión política con momentos de convivencia entre colectivos e veciñanza da cidade.

O evento serviu, segundo explicou a entidade, para “lembrar e compartir experiencias do vivido e fortalecer o compromiso de seguir defendendo a regularización nas rúas”. Desde o Foro Galego de Inmigración sinalaron que as razóns que motivaron o inicio do proceso —como o volume de persoas en situación administrativa irregular e as dificultades derivadas da precariedade legal e laboral— “seguen vixentes”.

A organización considera que a regularización constitúe “o primeiro paso inevitable dunha política migratoria segura e suxeita a dereitos e obrigacións” e defínea tamén como unha “reparación histórica” para pobos que, segundo sosteñen, sufriron procesos de “espolio colonial”.

A xornada desenvolveuse nun contexto no que diferentes colectivos sociais continúan a reclamar cambios nas políticas migratorias e mecanismos que garantan a integración e o acceso a dereitos básicos das persoas migrantes.

ÚLTIMAS

Comeza unha nova etapa de mobilidade en Compostela: ábrese o prazo para adxudicar 29 novas licenzas de taxi

A Xunta de Goberno do Concello de Santiago aprobou este luns as bases reguladoras...

‘A Santa’ de Asorey regresará a Galicia cen anos despois da súa creación

A Xunta de Galicia trasladará desde Uruguai a escultura 'A Santa', unha das obras...

Luz verde a máis de 1 millón de euros para actuacións en concellos do Camiño Francés

O Goberno galego aprobou este luns un acordo que autoriza a firma dun novo...

Reabre a vía convencional Santiago-Ourense tras extinguirse o lume en Boborás

A circulación ferroviaria interrompida entre O Carballiño e O Irixo, que afectou os trens...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...