InicioMOV. SOCIAISA folga no transporte urbano deixa operativas só parte das liñas urbanas...

A folga no transporte urbano deixa operativas só parte das liñas urbanas con servizos mínimos

O Concello confirma que o cumprimento non é total e que varias rutas permanecen sen actividade na primeira hora da mañá

Publicado o

Xornal de Compostela

Santiago amence este mércores co inicio da folga indefinida no transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña, que está a afectar tamén ao servizo urbano da capital galega. “A esta hora están empezando a saír algúns servizos mínimos. Polo de agora o cumprimento non é total”, informaba o Concello de Santiago a primeira hora da mañá.

Os servizos mínimos decretados polo Concello de Santiago deixan sen funcionamento varias liñas, mentres que outras operan de maneira parcial ou con retrasos. De acordo coa última actualización municipal, están a funcionar segundo o previsto as seguintes rutas:

  • C11 (Circular de Fontiñas)

  • L1 (Tanatorio-Hospital)

  • L6 (San Marcos-Os Tilos)

  • L6A (Aeroporto)

  • L8 (Tanatorio de Boisaca-Vidán)

  • P3 (Valle Inclán-Santa Lucía-A Susana)

Nas restantes liñas producíronse algunhas saídas ao longo da mañá, aínda que dende Raxoi precisan que non se pode falar dun cumprimento total dos servizos mínimos establecidos.

Segundo a información difundida nas últimas horas, as liñas 12, 13 e C6 permanecen inoperativas nesta primeira xornada de paro. No caso da liña 1, as saídas están programadas dende as 08:00 ata as 22:40, mentres que a 6A, que conecta o aeroporto co centro da cidade, realiza expedicións dende as 08:00 ata as 00:30.

Malia que os primeiros servizos mínimos estaban fixados para as 08:00, durante as primeiras horas da mañá rexistráronse atrasos nas saídas. Dende o Concello indicaron que as rutas acumulaban demora respecto ao horario previsto.

INCIDENCIAS NO TRANSPORTE ESCOLAR

No marco desta primeira xornada de folga, tamén se produciron incidencias vinculadas ao transporte escolar na contorna compostelá. Un autobús que iniciaba o seu percorrido en Framil para recoller alumnado do instituto do Milladoiro resultou con danos na lúa traseira tras ser golpeado, segundo confirmou o propio condutor ao medio que avanzou a información. Esta situación obrigou ás familias afectadas a buscar alternativas para o traslado ao centro educativo.

COINCIDENCIA COA FOLGA FERROVIARIA

A situación complícase pola coincidencia coa folga de maquinistas convocada polos sindicatos CGT e Sindicato Ferroviario, que está a provocar a cancelación dalgúns trens con saída ou chegada en Santiago. Esta circunstancia levou a que varios usuarios tentasen optar polo autobús como alternativa para desprazarse, especialmente cara á Coruña, nun contexto marcado pola redución de frecuencias e prazas dispoñibles.

NEGOCIACIÓN ABERTA

A folga no transporte por estrada foi impulsada pola CIG e está previsto que este xoves se retome a mesa de negociación para intentar desbloquear o conflito. Pola súa parte, a patronal sinalou nun comunicado previo que no último encontro se detectou “desinformación” arredor do preacordo acadado con UGT e CCOO, que segundo afirma suporía un incremento salarial do 22,1% para o persoal.

Mentres non se produzan avances na negociación, o servizo urbano de Santiago continúa este mércores condicionado polos servizos mínimos, cun funcionamento desigual nas distintas liñas e con impacto directo na mobilidade diaria da veciñanza.

ÚLTIMAS

A USC elixe este xoves a primeira reitora da súa historia nunha votación decisiva con máis de 28.000 electores

A Universidade de Santiago de Compostela (USC) decidirá este xoves quen se converte na...

Urbanismo tramitou 123 ineficacias e 40 cesamentos de pisos turísticos en 2025

O concelleiro de Urbanismo, Iago Lestegás, fixo balance das actuacións municipais en materia de...

Ames presenta un estudo que delimita as zonas con risco de inundación en Bertamiráns

O salón de plenos da Casa do Concello de Ames acolleu este martes a...

A Garda Civil detén polo menos 11 persoas nun operativo contra furtos continuados en Santiago e Teo

Un operativo coordinado pola Sección de Instrución do Tribunal de Instancia de Santiago, praza...

CC.OO. ameaza con mobilizacións ante o “bloqueo” na negociación do convenio de xardinaría en Santiago

O sindicato Comisións Obreiras (CC.OO.) anunciou este luns que non descarta "tomar medidas en...

Varios colectivos sociais presentan unha iniciativa para cambiar o nome da Avenida Juan Carlos I por Rúa de Gaza

Diversos colectivos sociais de Santiago de Compostela presentarán nos vindeiros días unha iniciativa cidadá...

Pacientes e traballadores denuncian deficiencias no transporte sanitario do CHUS e reclaman a súa desprivatización

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS e o comité de empresa da...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here