InicioMOV. SOCIAISO Escarnio e Maldizer é desaloxado de maneira pacífica

O Escarnio e Maldizer é desaloxado de maneira pacífica

Máis de medio cento de persoas concentráronse dende primeira hora na Praza de Cervantes para rexeitar a orde xudicial de desaloxo do inmoble da Algalia de Arriba, executada pola Policía Nacional a partir das 09:15

Publicado o

Xornal de Compostela

Máis de medio centenar de persoas concentrouse na mañá deste venres na Praza de Cervantes para expresar o seu rexeitamento ao desafiuzamento do inmoble situado no número 11 da rúa da Algalia de Arriba, utilizado ata o de agora polo centro social okupado ‘Escarnio e Maldizer‘. A protesta comezou arredor das 08:30, despois de que desde as 08:00 se rexistrase a presenza de manifestantes na praza, baixo vixilancia policial.

As persoas asistentes, arredor de máis de medio cento, portaron pancartas cos lemas “Fóra especuladores dos nosos barrios” e “23-X O Escarnio non se vende”, e corearon consignas como “Dez, cen, mil centros sociais”, “O Escarnio non se vende, o Escarnio se defende”, “Un desaloxo, outra okupación”, “Edificio abandonado, edificio expropiado” ou “Algalia de Arriba, memoria colectiva”. Durante a concentración tamén se escoitaron cánticos dirixidos á alcaldesa, como “Goretti, decide, apoias ou reprimes“.

O acceso á rúa da Algalia de Arriba permaneceu cortado dende primeira hora, tanto pola Praza de Cervantes como pola zona de San Roque e a Porta do Camiño. Tamén se restrinxiu a circulación pola rúa de Casas Reais, incluído o acceso dende a rúa das Ánimas. Só se permitiu o paso a persoas traballadoras da zona e a profesionais da información, previa acreditación. Cara ás 08:15, un episodio de granizo levou ás persoas concentradas a refuxiarse nos soportais da Praza de Cervantes, antes de iniciar a manifestación.

O desaloxo foi ordenado polo Xulgado de Primeira Instancia número 2 e estaba previsto que se efectuase a partir das 09:15 por efectivos da Policía Nacional. Ao longo da mañá non se produciron cargas policiais nin incidentes.

Dende o colectivo ‘Escarnio e Maldizer‘ lamentaron nos días previos o que cualificaron como o desaloxo do “último centro social okupado urbano de Galiza”, e sinalaron nas súas redes sociais que “parece que se pechan todas as portas, pero quédanos moito por dar e construír. A nosa rabia sempre atopa camiños para manifestarse, por moito que tenten tapala”.

O espazo foi ocupado no ano 2014, como resposta ao segundo desafiuzamento da Sala Yago. En maio de 2017, a Policía Nacional xa realizara un primeiro desaloxo do inmoble, que derivou en mobilizacións, con detencións e identificacións. Dende a súa reapertura, o centro acolleu diferentes actividades culturais e de lecer, como clases de baile galego, boxeo, mercadiños, obradoiros de malabares e concertos.

ÚLTIMAS

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Concello destinará 1,2 millóns de euros á rehabilitación do Palacete do Espiño para usos públicos

O Concello de Santiago de Compostela investirá preto de 1,2 millóns de euros na...

Santiago acollerá por primeira vez a Carreira das Cidades contra o Cancro de Páncreas o 22 de novembro

Santiago de Compostela incorporarase este ano á Carreira das Cidades contra o Cancro de...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...