InicioECONOMÍAO sector do transporte denuncia "parálise" da patronal e advirte dunha folga...

O sector do transporte denuncia “parálise” da patronal e advirte dunha folga indefinida

Un grupo de sindicalistas concéntrase ante a intermodal antes de que este venres celébrese a décima xornada de paro

Publicado o

Xornal de Compostela

A patronal do transporte da Coruña e os sindicatos están convocados a unha mediación na sede do Consello Galego de Relacións Laborais, en Santiago, este luns, 26 de xaneiro, a partir das 10:30 horas. Segundo explica o responsable de Transporte da CIG en Santiago, Nacho Pavón, os representantes dos traballadores acudirán a esta cita, pero aclara que isto “non significa a desconvocatoria da protesta” ata que se resolva o conflito en relación coas reivindicacións sobre o convenio colectivo.

Apunta que agora dependerá da patronal poder avanzar na negociación tras non frutificar anteriores intentos de mediación. Esta convocatoria produciuse tras a protesta protagonizada esta mañá de xoves por representantes sindicais ante a estación intermodal de Santiago, onde denunciaron a “parálise” da patronal neste conflito. Este venres, 23 de xaneiro, haberá un novo paro nos buses da provincia, sendo o último día nesta fase de mobilizacións antes de que se inicie unha folga indefinida o 2 de febreiro.

REIVINDICACIÓNS PARA UN CONVENIO DIGNO DE REDUCIÓN DE XORNADA

Os representantes dos traballadores solicitan un novo convenio no sector do transporte da Coruña cunha subida salarial “digna” e que inclúa unha redución da xornada, ademais dunha actualización e modernización dos permisos retribuídos e os días de asuntos propios, entre outras peticións.

Nacho Pavón criticou que a patronal “tentou condicionar” a resposta á mediación, pero lembra que o Acordo Galego de Arbitraxe non permite condicionar estes procesos. “Eles son os que teñen que contestar se queren ter reunións e tentar buscar unha solución a este conflito”, deixou claro, mentres censura que os responsables empresariais levan catro anos “escondidos na cova”.

CRÍTICAS Á XUNTA E A MONBUS POLA PRECARIEDADE DO SECTOR

Durante a protesta realizada este xoves na rúa do Hórreo, os manifestantes portaron unha pancarta en demanda de “un convenio digno” e lanzaron cánticos como “Transporte de viaxeiros, solución” ou “Convenio xusto, salarios dignos“. Tamén sinalaron directamente ao presidente da compañía Monbus, Raúl López, e á Xunta de Galicia pola situación de bloqueo co berro de “Raúl culpable, Xunta responsable”.

Os autobuses urbanos que circularon pola zona durante a mobilización fixeron soar as súas bucinas en sinal de apoio aos manifestantes, quen saudaron aos condutores co puño no alto. Pavón respondeu tamén ás acusacións de violencia na folga asegurando que a verdadeira violencia son as 15 horas de dispoñibilidade diaria e un sector completamente precarizado con xornadas abusivas.

A FOLGA INDEFINIDA DO 2 DE FEBREIRO SERÁ “MÁIS DURA”

Neste contexto, o voceiro da CIG opina que “non hai outra opción” que recorrer á folga indefinida, aínda que admite que “hai tempo se se quere para negociar”. Advirte de que a protesta a partir do 2 de febreiro “vai ser máis dura do que foi ata agora” e que o sector está decidido a non dar marcha atrás.

No tocante á ameaza de expedientes da Xunta e o Concello de Santiago por incumprimento de servizos mínimos, o membro da CIG censura que estes son “completamente abusivos“. Acusa á Administración galega de “porse de perfil” no conflito e fixar uns mínimos que non permiten a visualización da folga nin o exercicio efectivo deste dereito por parte dos traballadores.

ÚLTIMAS

A USC abre o curso 2026/2027 coa defensa da universidade pública, dos dereitos humanos e da memoria emigrante

A Universidade de Santiago de Compostela inaugurou este venres o curso académico 2026/2027 cun acto...

O Consorcio abre as primeiras axudas para reformar os locais comerciais da Cidade Histórica

O Consorcio de Santiago abrirá este sábado a primeira convocatoria de axudas destinada especificamente...

Verea reclama explicacións ao Goberno local ante a posible existencia de quendas con só seis policías

O Partido Popular de Santiago reclamou ao Goberno municipal que aclare se durante os...

O XV Encontro Artes pola Integración arranca en Santiago con danza contemporánea no Teatro Principal

O Teatro Principal de Santiago abrirá o vindeiro martes, 15 de setembro, a programación...

Traballadores de conserxería e limpeza dos colexios de Santiago volverán á folga

Traballadores de Lacera, a empresa concesionaria de conserxería e limpeza nos colexios de Santiago,...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...