InicioMOV. SOCIAISO Consello de Estudantado da USC reclama cambios no acordo de descentralización...

O Consello de Estudantado da USC reclama cambios no acordo de descentralización de Medicina

O órgano estudantil pide revisar o impacto do modelo e garantir a permanencia en Santiago das promocións actualmente matriculadas

Publicado o

Xornal de Compostela

O Consello de Estudantado da Universidade de Santiago de Compostela fixo público este xoves o seu apoio ao alumnado da Facultade de Medicina, após o rexeitamento expresado pola Xunta de Facultade ao acordo de descentralización da docencia do grao. O órgano que representa ao conxunto do estudantado da USC considera que o documento aprobado o pasado 24 de novembro pola Facultade recolle “reivindicacións xustas” e insta a que sexan tidas en conta antes de avanzar nun cambio de modelo que cualifican de insuficientemente planificado.

Segundo recolle o posicionamento remitido polo Consello, o alumnado de Medicina trasladou unha serie de propostas destinadas a corrixir as carencias detectadas no acordo interuniversitario. Entre elas, solicita que se analice con rigor o impacto da descentralización na mobilidade e na equidade, así como a garantía de cumprir uns mínimos de calidade docente nas diferentes sedes.

Outro dos puntos salientados é a petición de atrasar a implantación do novo sistema, co obxectivo de asegurar unha transición ordenada e con marxe suficiente para planificar horarios, prácticas e recursos. O Consello destaca tamén a demanda de que ningún estudante sexa obrigado a realizar formación fóra de Santiago, especialmente no caso das promocións que xa iniciaron os seus estudos na capital galega.

O órgano estudantil subliña igualmente a necesidade de que a Comisión de Seguimento inclúa representación estudantil con voz e voto, e que se garantan mecanismos para evitar que quen teña materias pendentes doutros cursos se vexa nunha situación de prexuízo académico pola reestruturación da docencia.

Á vista destas consideracións, o Consello de Estudantado manifesta que tamén rexeita o acordo actual de descentralización, posto que, ao seu xuízo, non atende ás preocupacións trasladadas pola comunidade afectada. “Cando non se escoita ao estudantado nas negociacións que impactan directamente no noso día a día, os acordos son claramente insuficientes e non cobren as necesidades de quen os vai sufrir”, sosteñen no comunicado.

O posicionamento chega nun momento de debate interno na USC, no que a Facultade de Medicina, parte do estudantado e diversos colectivos universitarios teñen expresado reservas sobre o acordo pactado entre as tres universidades públicas galegas. O Consello reclama agora que se abra un proceso de revisión que teña en conta estas alegacións antes de continuar coa aplicación do novo modelo docente.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here