InicioMOV. SOCIAISAs dúas marchas do 25N reúnen máis dun milleiro de persoas na...

As dúas marchas do 25N reúnen máis dun milleiro de persoas na Praza 8 de Marzo

A MMM e a Asemblea Feminista partiron xuntas ás 20:00 dende o mesmo punto, mais fixeron percorridos distintos pola cidade vella

Publicado o

Xornal de Compostela

A Praza 8 de Marzo converteuse de novo este martes no epicentro das mobilizacións do Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres, nunha conmemoración marcada outra vez pola existencia de dúas convocatorias simultáneas. A escisión, que se repite dende 2023, foi visible dende o arranque: pasadas as 20:00 arredor dun milleiro de persoas se reuniron no mesmo espazo antes de tomar camiños diferentes cara á zona monumental.

A Marcha Mundial das Mulleres (MMM) abriu a súa comitiva baixo o lema ‘Combater a violencia institucional para acabar coa violencia machista’, defendendo que a resposta dos organismos públicos continúa xerando “trato inxusto” e “abuso de poder” sobre as vítimas cando non cumpren axeitadamente coas súas funcións. O colectivo, que variou o seu trazado habitual, concluíu o percorrido na Praza de Cervantes. A MMM atribúe a ruptura ás “conductas transfóbicas” rexistradas nunha protesta anterior, o que afastou as súas posicións doutras organizacións.

En paralelo, a Asemblea Feminista de Compostela e Tamborililás Compostela – Batukada Transfeminista avanzaron cara a Praterías baixo o lema ‘Diversidade feminista contra as violencias machistas’, reivindicando un movemento plural e transincluínte. As pancartas e consignas diferenciadas evidenciaron, un ano máis, a diverxencia estratéxica entre ambos espazos feministas.

No medio desta división, varios colectivos e organizacións sociais participaron igualmente nas mobilizacións. A delegación socialista compostelá, encabezada polo deputado e secretario xeral local Aitor Bouza, uniuse á concentración dende o seu comezo. Tamén estivo presente Movemento Sumar Galicia, cuxa secretaria de Igualdade, Rocío Núñez, advertiu que “non podemos permitirnos nin un só paso atrás fronte ás violencias machistas, nin ceder ante quen pretende minimizar ou negar esta realidade”. Núñez defendeu a necesidade de garantir recursos e servizos en todo o territorio, lembrando que “a igualdade non pode depender do código postal”, e reclamou financiamento estable e coordinación institucional.

ACTOS INSTITUCIONAIS E MOBILIZACIÓNS DO ESTUDANTADO

A xornada do 25N estivo precedida de múltiples accións reivindicativas na cidade. No ámbito municipal, o Concello de Santiago celebrou ás 11:00 no Pazo de Raxoi a lectura da declaración institucional aprobada por unanimidade, que insta a reflexionar sobre a eficacia das políticas de igualdade, reforzar a prevención da violencia machista e avanzar na eliminación dos micromachismos.

Pola súa parte, a USC convocou ao mediodía un acto na Praza do Obradoiro, onde se leu o Manifesto 25N da Rede de Unidades de Igualdade de Xénero para a Excelencia Universitaria. A doutoranda Cruz Fernández González fixo un repaso das vítimas rexistradas este ano e o acto concluíu cun minuto de silencio.

Tamén o estudantado tivo un papel destacado. As alumnas de Socioloxía da Educación de Maxisterio desenvolveron ao longo da mañá unha serie de performances en distintos puntos da cidade —a facultade, a Praza do Obradoiro, a Praza Roxa e o Mercado de Abastos— para promover a reflexión sobre a violencia machista. Entre elas destacou unha poxa simbólica no Obradoiro, na que tres mozas representaron a cousificación das mulleres a través da súa caracterización como obxectos.

ÚLTIMAS

O Compostela cae ante o Marino de Luanco no seu debut ligueiro no Vero Boquete

A SD Compostela estreouse na competición ligueira cunha derrota por 0-3 fronte ao Marino...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Unha avaría deixa máis de dúas horas parados en Santiago os pasaxeiros dun Avlo con destino Madrid

Unha incidencia técnica impediu que un tren Avlo con destino Madrid saíse esta tarde...

Marta Abal reclama ao Concello que detalle a planificación das obras nos viais do rural compostelán

O Grupo Municipal Socialista de Santiago reclama ao Goberno local que dea a coñecer...

Un paciente denuncia case catro horas de espera nun corredor das Urxencias do CHUS

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou un novo episodio de saturación...

Sanidade Galega con Palestina convoca unha concentración no Obradoiro pola liberación do doutor Hussam Abu Safiya

Sanidade Galega con Palestina (SGCP) convocou para este domingo, 6 de setembro, unha concentración...

Santiago homenaxeará a Rosa Bassave dando o seu nome ao espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes

O espazo natural recuperado da Lagoa de Cornes pasará a levar oficialmente o nome...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here