InicioMOV. SOCIAISVoluntariado do refuxio de Bando reclama a súa readmisión tras as protestas...

Voluntariado do refuxio de Bando reclama a súa readmisión tras as protestas polo sacrificio do cano Gosu

A concentración pediulle ao Concello que permita volver ás tarefas altruístas interrompidas tras a protesta polo sacrificio do can Gosu

Publicado o

Xornal de Compostela

Varias decenas de persoas concentráronse hoxe na praza do Obradoiro para demandar a readmisión dos voluntarios e voluntarias do refuxio de Bando, apartados das súas tarefas despois de protestaren polo sacrificio do can Gosu. A mobilización, convocada tras semanas de tensión no servizo, partira da Alameda e concluíu diante da casa do Concello coa lectura dun manifesto.

Segundo explicou unha das portavoces, Marta Ballesteros, “non nos deixan acceder ao recinto dende o día 27”, en referencia á xornada posterior á protesta polo animal. Asegura que o grupo afectado rolda a quincena de persoas, dentro dun colectivo duns trinta colaboradores que, segundo destacou, son “xente responsable, que leva anos facendo tarefas básicas para o benestar dos animais”.

Entre esas tarefas inclúense pasear cans, limpar gateras, preparar lavandería ou apoiar na hixiene dos animais, funcións que os participantes consideran imprescindibles para o funcionamento diario do refuxio. Ballesteros atribuíu a situación a “unha medida de presión para que esteamos caladiñas” e reclamou que se permita retomar a actividade voluntaria e que se garanta “unha xestión responsable do centro”.

ÚLTIMAS

Festas do Apóstolo 2026: Volve o espectáculo de luces con fogos artificiais e dez días de concertos

As festas do Apóstolo deron comezo este mércores co pregón do empresario e promotor...

Santiago terá unha nova rede de buses con 16 liñas, conexións ao rural e servizo nocturno

A nova rede de autobuses de Santiago de Compostela empezará a funcionar previsiblemente este...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

O Compostela TradFest encherá de música tradicional o centro histórico durante máis de doce horas

Santiago de Compostela acollerá o vindeiro 26 de xullo a oitava edición do Compostela...

CC.OO. mobilízase nas Cancelas contra a apertura do comercio en domingos e festivos

A federación de servizos de Comisións Obreiras concentrou este mércores a ducias de delegados diante...

A Asociación de Pacientes do CHUS denuncia unha demora de ata 22 meses para tratar unha lesión grave de xeonllo

A Asociación de Pacientes e Usuarios do CHUS denunciou o caso dunha muller de...

Arelas convoca unha concentración en Santiago polo Día Internacional da Visibilidade Non Binaria

A asociación Arelas anunciou a convocatoria dunha concentración en Santiago de Compostela con motivo...

LEAVE A REPLY

Please enter your comment!
Please enter your name here