InicioMOV. SOCIAISConcello e sindicatos avanzan nas negociacións polo conflito dos bombeiros e policías...

Concello e sindicatos avanzan nas negociacións polo conflito dos bombeiros e policías locais

Ambas partes volverán reunirse o xoves 13 de novembro para analizar as propostas sobre horas extra, festividade e nocturnidade

Publicado o

Xornal de Compostela

As negociacións entre o Concello de Santiago e os sindicatos que representan aos corpos de bombeiros e policía localcontinúan abertas e con avances, segundo confirmaron fontes do Goberno municipal tras a reunión celebrada este luns. O executivo compostelán asegurou que “o diálogo segue avanzando” e que se prevé unha nova xuntanza este xoves, 13 de novembro, co obxectivo de seguir aproximando posturas.

Desde as organizacións sindicais explicaron que na sesión deste luns presentaron propostas concretas sobre o prezo das horas extraordinarias e a posibilidade de incorporar os complementos de festividade e nocturnidade ao soldo base. “Seguimos avanzando, aproximando posicións”, indicaron, ao tempo que precisaron que agora serán os técnicos municipais quen deberán “avaliar xuridicamente e economicamente” as propostas presentadas.

“O Concello ten que determinar se o prezo actual da hora extra é o correcto. Nós fixemos os cálculos e entregamos unha proposta para melloralo”, engadiron as fontes sindicais.

Mentres tanto, a situación operativa do Parque de Bombeiros de Santiago segue a ser motivo de preocupación. Este luns, segundo denunciaron os profesionais a través das súas redes sociais, o servizo contou só con catro efectivos —dous mandos e dous bombeiros—, cando o mínimo habitual debería ser de nove. “Onde deberían estar nove bombeiros preparados, só hai dous, e aínda así seguimos cumprindo coa nosa responsabilidade”, advertiron nunha mensaxe pública.

ÚLTIMAS

Compostela lembra a ferida de Angrois e traslada a súa solidariedade coas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

A alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, trasladou este mércores a solidariedade da capital galega...

Santiago gardará un minuto de silencio no Obradoiro polas vítimas do accidente ferroviario de Toledo

O Concello de Santiago de Compostela convocou para este mércores, 28 de outubro, ás...

As vítimas de Angrois vinculan o sinistro de Toledo coa falta dunha investigación independente do accidente de 2013

O portavoz da Plataforma Vítimas Alvia 04155, Jesús Domínguez, considera que a falta dunha...

O Premio Literario San Clemente recoñece as novelas de Nerea Pallares, Andrés Neuman e Hugo Gonçalves na súa XXX edición

O Premio Literario San Clemente, organizado baixo a coordinación do IES Rosalía de Castro...

A CIG concéntrase en Santiago contra o “acoso laboral” en Monbus e reclama a readmisión de seis traballadores

A Confederación Intersindical Galega (CIG) mobilizouse este martes, 27 de outubro, diante da estación...

Centos de persoas maniféstanse en Santiago contra as cargas policiais da Coruña

Centos de persoas saíron este venres ás rúas de Santiago de Compostela para protestar...

Centos de persoas protestan en Santiago contra a participación de médicos israelís nun congreso internacional

Máis de 200 persoas concentráronse este xoves en Santiago de Compostela para rexeitar a...